martes, 26 de junio de 2018

No día do pasamento de Xabier P. Docampo

"Se a alguén, individuo ou pobo, o despoxan da súa lingua aniquilan a súa capacidade de recoñecerse no mundo e na historia. Xa sempre vagará como un ser adimensional. Todos os idiomas son igual de importantes, de grandes e, mesmo, de extensos, porque todos chegan aos confíns das persoas que os falan e os entenden, e os confíns da alma están alá onde o universo se curva e se fai infinito." 
Palabras de Xabier P.Docampo (1946-2018). 
Descanse en paz.



domingo, 27 de mayo de 2018

Viaxe a Celanova. 3º de ESO

The most important thing is to not stop questioning. de biblio trasancos




VIAXE A CELANOVA. Por  Ángela Souto Rodríguez (3º ESO A)
  O pasado día 22 de maio, os alumnos de 3º de ESO fomos de excursión pola “Rota Currosiana”. Aínda que só fixemos unha parte desta, chegounos para coñecer mellor aspectos da vida e obra de Curros, así como o belísimo Mosteiro de San Salvador e algunhas das fermosas vilas e cheas de historia que forman esta rota: Vilanova dos Infantes e a propia Celanova.
Ao chegar, visitamos o Mosteiro de San Salvador, onde Celso Emilio Ferreiro pasou a súa “longa noite de pedra”. É un imponente edificio da arte barroca galega. Dentro, visitamos o coro co seus magníficos coro e  sillería e a onde acudían os monxes a cantar, como mínimo, dúas veces ao día. Explicáronnos que antes, o órgano non era un acompañamento da música que cantaban os monxes, senón que soían tocalo como acompañamento nas misas. Pese a que é do século XVIII, este órgano pode considerarse mesmo moderno, pois o vento xa é proporcionado por uns motores.
Na horta do mosteiro atópase a pequenísima capela mozárabe de San Miguel ,de menos de 22m2 .  Construída no séc. X, aínda hoxe permanece en perfecto estado.
Do mosteiro fomos á casa da infancia de Curros, coñecida agora como casa dos poetas en homenaxe a tamén a outros poetas célebres da zona como Celso Emilio Ferreiro ou Xosé Luís Méndez Ferrín. Alí aprendimos cousas moi interesantes como que Curros, tras fuxir da súa casa con 15 anos e ir a Madrid, puido volver á súa Galicia coa súa nova familia grazas ao 1º premio que gañou nun certame de poesía en galego que se celebrou una capital. Poderíamos dicir que foi alí onde comezou a súa carreira, pois tras voltar a Galicia escribiu o seu primeiro poemario “Aires da miña terra”, no que denunciou os males da sociedade da época cunha especial dureza dirixida aos máis poderosos, entre eles á Igrexa. Por esta actitude combativa e comprometida foi prohibido inicialmente o seu poemario e Curros foi  detido e excomulgado. Aínda así, Curros non se rendiu e publicou o seu segundo poemario “O Divino Sainete”, onde dirixe críticas ao mesmo Papa de Roma
Tamén soubemos que Celso Emilio Ferreiro nacera unas casas máis abaixo na mesma rúa, pero que nunca mantiveran relación persoal.
Xa pola tarde, fomos a Vilanova dos Infantes, un pobo cun pasado que se remonta ao século XV e que viviu os enfrontamentos das revoltas irmandiñas no seu Castelo, do que hoxe só se conserva a torre da homenaxe e uns restos da muralla  sobre a que algúns veciños acabaron construíndo as súas propias casas, moitas delas aínda hoxe habitadas. Ademais de polos seus bos zapateiros, esta vila tamén foi importante pola “Virxe do Cristal”, na que Curros se inspirou para facer una dos seus poemas. Na torre  puidemos ver unha reproducción da talla da famos Virxe que, despois de roubada e asasinado o crego que a custodiaba, aínda segue desaparecida.
Sen dúbida, foi unha actividade na que á vez que nos divertimos, descubrimos novas cousas e aprendimos sen necesidade de ter o libro de Galego, Música ou Sociais diante. Recoméndoa a todo o mundo.

 VIAXE A CELANOVA.Por Brais Díaz Legide (3º ESO B)
O martes 22 de maio, fixemos unha viaxe moi interesante a Celanova. Tras case tres horas de viaxe, dábanos a benvida á vila a estatua do escritor Curros Enríquez, que dirixía unha mirada desafiante cara ao mosteiro de San Salvador de dimensións espectaculares e que visitamos a continuación.
Cando entramos no mosteiro, tamén coñecido como de San Rosendo polo seu fundador, dirixímonos á capela de San Miguel, que o propio San Rosendo mandou construíe na horta do mosteiro en honor ao seu irmán Froila. A capela é unha pequeñísima construcción  mozárabe destinada ao culto individual.
Despois entramos no mosteiro e subimos ao coro, onde nos agardaba un gran órgano de  máis de mil tubos e do que aprendimos a orixe , a súa contrución, materiais, elementos,  evolución e o tamaño e peso que chegou a alcanzar este instrumento.
Cando rematamos, dirixímonos á Casa dos Poetas, a que se pode considerar a casa de Curros Enríquez ata que decidiu marchar por culpa do tratamento autoritario do seu pai. Alí fixemos unha viaxe pola súa vida, relacións familiares, viaxes, estudos, traballo, carácter e un montón de curiosidades acerca desta interesante figura do Rexurdimento galego.
Xa despois de xantar, dirixímonos cara á vila medieval de Vilanova dos Infantes, que ten un encanto especial e moita historia. Alí entramos nunha pequeña casa pola que se accede á Cova de San Vivián, da que se teñen dado moitas explicacións ademais de adega para o viño (por exemplo, que serviu de refuxio para as comunidades xudías na zona). Para rematar a visita a Vilanova, subimos á Torre da Homenaxe, na que nos esperaban unas vistas moi bonitas non aptas para xente con vertixe.
Por último, dicir que foi unha excursión moi entretida e unha forma de aprender moito máis divertida.
                                                      

                                                      


domingo, 29 de abril de 2018

Exposición Semana do Libro

Con motivo do Día do Libro, desde a Biblioteca organizamos a Semana do Libro (do 23 ao 27 de abril). Libros interesantes de diversas materias (ciencias, matemáticas, música, arte) saíron dos departamentos e dos estantes da biblioteca y estiveron expostos no vestíbulo a carón da porta da biblioteca.

domingo, 22 de abril de 2018

Parcapáxinas para o Día do Libro

Esta semana estamos a repartir marcapáxinas con imaxes  tomadas de Pixabay e citas sobre a importancia do libro de dous grandes das letras: o filósofo Emilio Lledó e o escritor norteamericano William Faulkner. Polo reverso tedes un calendario do ano actual. Esperemos que vos gusten. 


Marcapáxinas con cita de Emilio Lledó.
Marcapáxinas con cita de William Faulkner

jueves, 19 de abril de 2018

Preparándonos para abrir a porta (literalmente!) ao Día do Libro



Hai tempo que gardo esta imaxe no meu ordenador, aínda que descoñezo a súa procedencia. Está chea de verdade e invita á reflexión neste tempo de excesos e de redución das materias humanísticas nas aulas. A BIBLIOTECA  é un espazo de oportunidades para desenrolar a creatividade, o pensamento crítico, a sensibilidade social, o entretemento de calidade, ... Só hai que entrar en ela, pasear entre os seus estantes, coller un libro, deixalo, coller outro, deixalo tal vez,... porque elixir a quen ten que ir polo noso camiño tampouco é fácil pero hai que darlle unha oportunidade. Di o proverbio: “Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera”. Na nosa BIBLIOTECA hai un libro que te espera, si, a ti, agochado é paciente, só espera que o atopes. Cando iso suceda, seredes inseparables.
 O luns, Día do Libro, abrimos de novo. AGARDÁMOSTE.