lunes, 30 de enero de 2017

Na compaña de Castelao


O 30 de xaneiro de 1886 nacía en Rianxo Afonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos intelectuais máis influintes e prolíficos da literatura galega. Foi debuxante, narrador, dramaturgo e ensaísta. Como político loitou sempre pola defensa da súa terra e polas súas ideas viviu exiliado. Morreu en Bos Aires no 1950. 
 Cousas, Os dous de sempre, Os vellos non deben de namorarse, Sempre en Galiza, ,... as súas obras máis coñecidas manteñen a actualidade das grandes obras literarias. 
 Por iso, lembrando a Castelao no aniversario do seu nacemento, no IES Terra de Trasancos estes días lemos a súa obra e lembramos a súa figura cunha ampla exposición de libros e ilustración do autor.



Álvaro Cebreiro no Día da Ilustración 2017




O importante papel da ilustración no libro e na lectura fai que, dende o ano 2014, se veña celebrando en Galicia o Día da Ilustración coa intención de que, ano tras ano, unha figura destacada da ilustración en Galicia reciba un merecido tributo para revalorizar a súa contribución á nosa cultura e á nosa sociedade. Esta efeméride celébrase cada 30 de xaneiro, coincidindo coa data de nacemento de Afonso Daniel Rodríguez Castelao, figura clave da nosa cultura non só na súa faceta política senón tamén como intelectual, creativo e divulgador que deixou a súa profunda pegada plasmada a través de múltiples formas de expresión: ilustracións, caricaturas e escritos. Este ano, a figura homenaxeada é o debuxante, caricaturista e humorista gráfico, Álvaro Cebreiro.

sábado, 28 de enero de 2017

A escritora Rosa Aneiros visita Terra de Trasancos

Escoitando a Rosa Aneiros
O venres 27 de xaneiro ía frío en Narón, pero ao abeiro do programa do MECD "Encuentros literarios" tivemos a fortuna de arrouparnos coas verbas dunha escritora que non resulta allea ao centro, xa que pasou os seus anos de bacharel estudando entre as paredes que hoxe acollen a outros alumnos e alumnas que len Resistencia, a obra coa que que Rosa Aneiros  (Valdoviño, 1976) percorre a historia política e social de Portugal a través da vida de dúas familias desde os anos vinte ata os noventa do século XX.
Alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de bacharelato

Uxía Novoa, alumna de 4º de ESO A,  fai a seguinte apreciación sobre a visita de Rosa Aneiros:
 O que o venres parecía un día normal converteuse nun día no que se aprenderon cousas novas que nos ensinou a ex alumna do noso centro de ensino, Rosa Aneiros. E sí, é unha escritora bastante recoñecida, sobre todo polo seu libro Resistencia, aínda que ela prefire dicir que escribe libros. A súa visita foi moi entretida, creo que tanto a min coma aos meus compañeiros nos gustou, xa que non foi un encontro aburrido, senon un encontro ameno, no que participamos tanto alumnos como profesores. Houbo momentos para todo, dende momentos para rir ata momentos para aprender. A frase que destacaría deste encontro foi a de “Tedes que loitar polo que queredes e esforzarvos polo que queredes, porque ninguén o vai facer por vós”, esta é unha frase que nos repetiu Rosa ao longo da súa visita.

Lola Moreno, tamén de 4º de ESO A,  transmítenos a seguinte crónica:
A volta de Rosa Aneiros ás nosas “Terras de Trasancos” 
 O día 27 de eneiro, os alumnos de 4 de ESO e de primeiro de bacharelato tivemos o privilexio de ter con nos a unha recoñecida escritora galega chamada Rosa Aneiros, nacida no ano 1976 en Meirás, Valdoviño. De casualidade esta escritora cursou os seus estudos de ESO e bacharelato no noso instituto durante a primeira promoción. Ao longo de toda a visita estivo moi presente a súa mensaxe de que debemos loitar polos nosos sonos coste o que coste, xa que si non o facemos, ninguén o fará por nós. Unha gran sorpresa foi a súa grande humildade, con expresións como: “Por ter premios polos meus libros non debo de presumir, xa que é a opinión de cinco persoas, e se foran outras, a valoración da obra podería cambiar”. Outro suceso que causa gran impresión é o feito de que a ela lle gusta de verdade o que fai, o que deixou moi claro dicindo: “Eu escribo porque quero e porque me gusta, e se algún día deixo de facelo (que non o creo) será porque así o quero”. En xeral ao longo da súa charla deixou claro que é unha persoa moi profesional á hora de traballar, xa que repetiu bastantes veces que para crear unha obra ben escrita é necesario escribir as ideas, darlle forma, revisala forma, borrar, volover a escribir e así un longo periodo de tempo. Outro feito que nos deixa clara a súa involucración nos libros é o feito de que realiza unha rigurosa documentación previa, para escribir sobre un tema e estar ben informada, ademáis de meterse na pel dos personaxes á hora de redactalos. Finalmente gustaríame dicir que Rosa, ademáis de ser unha persoa moi sociable e con facilidade para interactuar cos alumnos, é tamén unha escritora digna de recoñecer. E como dixo Rosa, despídome de vos dicindo o mesmo que co que empecei, loitade polo que vos gusta, que senón ninguén o fará por vos!!


Resultado de imagen de rosa aneiros
Sergio Díaz (4º de ESO A) amósanos con entusiasmo o seu parecer sobre a autora:
O venres 27 de xaneiro visitou o noso instituto Terra de Trasancos a escritora Rosa Aneiros, lugar onde ela estudou na súa adolescencia e que tróuxolle, según díxonos, moitos recordos xa que imaxinábase ás súas compañeiras e compañeiros sentados no noso lugar e sentíase unha alumna máis entre nós. Pareceume unha persoa moi simpática e gustoume que visitara o noso centro xa que contounos cousas interesantes sobre a súa vida como escritora e os seus libros, entre eles “Resistencia”, libro que os alumnos que asistimos ao encontro (4º ESO e 1º Bacharelato) limos antes da súa visita e que a min persoalmente gustoume moito, por esta razón decidín pedirlle cando rematou a sesión se podería facerme o favor de asinarmo, e ela moi amable fíxome unha dedicatoria, recordo que gardarei sempre.

Finalmente, Jéssica Rodríguez, tamén de 4º de ESO A, nos deixa esta impresión:
O venres 27 os alumnos de 4º da ESO e 1º de bacharelato, tivemos o pracer de recibir a recoñecida escritora, e ex alumna do noso centro, Rosa Aneiros. Persoalmente gustoume moito a súa visita, xa que fixo algo que non me esperaba, porque non veu falar dos seus premios nin do seo libro Resistencia, moi bo por certo, se non que nos deu unha lección moi importante para o largo da nosa vida: se nós non loitamos por o que queremos,ninguén o fará por nós, que si nos gusta algo temos que loitar por elo. Pareceume unha persoa humilde, sincera, coas as ideas claras e bastante directa coas súas mensaxes. Foi un pracer coñecela.