miércoles, 22 de febrero de 2017

Breve memoria do I (e exitoso) Recital poético-musical do IES Terra de Trasancos

O 14 de febreiro o amor pola poesía manifestouse con toda a paixón  no noso centro. Exposición de poemas con corazón na entrada do instituto, exposición de libros na biblioteca


música


e lectura de poemas por parte de alumnos e alumnas de 1º de bacharelato con participación do profesorado



ante un público entusiasta ( alumnos e alumnas de 4º de ESO B)


Pola tarde 1º de bacharelato saiu da súa aula para recitar nos demais cursos os poemas. Foi un acto moi emotivo. #semprehaberápoesía.

jueves, 16 de febrero de 2017

Manequin challenge con Rosalía. #RosalíaTE

O día 24 de febreiro de 1837 nacía en Padrón a escritora Rosalía de Castro. A AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) propón conmemorar este día como Día de Rosalía de Castro e aníma a difundir as actividades nas redes baixo o hashtag #RosalíaTE.

No IES Terra de Trasancos imos contribuir á lembranza na nosa máis universal escritora coa representación dun manequin challenge.


Carla Romero e Nerea Armada, alumnas de 4º de ESO- A infórmannos sobre o proxecto:


"Os alumnos do IES Terra de Trasancos imos participar nun proxecto que nos propuxo a profesora de galego, Carmen Martinez. Estamos cheos de euforia por poder formar parte nalgo coma isto. Isto, faise en honor a maravillosa escritora Rosalia de Castro. Consiste na representación de feitos e momentos dalgunas das suas obras completamente inmovis. Parecenos un moi interesante proxecto xa que podemos aprender moitas cousas das súas obras a da sua vida a partir desta divertida actividade. 

Rosalía de Castro (1837-1885) naceu en Santiago de Compostela no pobo de Padrón . Ela escribía tanto en castelán coma en galego. O seu primer libro, La Flor, publicouse en Madrid en 1857 e recibiu criticas do seu esposo. A sua obra mais coñecida foi Cantares Gallegos escrito completamente en galego e deu comezo ao renacemento poetico nese lingua. En 1880 publicou Follas Novas que foi o seu segunda obra escrita integramente en galego."


domingo, 12 de febrero de 2017

Recital poético- musical para o 14 de febreiro


GUIÓN DO I RECITAL POÉTICO-MUSICAL TERRA DE TRASANCOS:

RECITAN POR ORDE:

MÚSICA: FRAUTA
1.PABLO OTERO
2.CAROLINA                                                              1 ESO A: 16.20/2º ESO C: 17,10
3.EVA FUENTES
4-ALEJANDRO VIGO

MÚSICA: MEMORY-FRAUTA E PIANO(MIREIA E GRACIELA)

4-ALEJANDRO FERREIRA
5.OLGA
6.MICHELLE                                                             1º ESO B: 16,20/4º ESO A:17,10
7.CRISTINA LÓPEZ


MÚSICA: FRAUTA(MIREIA)

8.FERNANDO
9.ROSALÍA                                                                 2º ESO A: 16,20/3º ESO A:17,10
10. ALBA
11.ANDREA


MÚSICA: ALWAYS O MY MIND(MIREIA E GRACIELA)

12.LORENA
13.CLAUDIA
14.ZURIÑE                                                                1º ESO C: 16,20/2º ESO C:17,10
15.PAULA

MÚSICA: LA ROSA DE LOS VIENTOS(MIREIA E GRACIELA)

15.MIREIA
16.ERIC VILDA
17.ALEJANDRO VIGO                                              2º ESO B: 16,20/3º ESO B:17,10
18.CÁNDIDO SANCHO

MÚSICA: BLUE MOON(GRACIELA E MIREIA)

18.OLGA VIGO
19.CHUS GALEGO
20.GRACIELA GALDO
21.JESSICA FERNÁNDEZ

MÚSICA DE PIANO(GRACIELA)

22.DOS POEMAS EN INGLÉS DE BEA FERNÁNDEZ8RECITAN ANDREA E CLAUDIA)
23.MARTA MARTÍNEZ(POEMA DE BEA LAMIGUEIRO)
24. CARMEN MARTÍNEZ
25.CONCHI


MÚSICA: LA LA LAND(MIREIA E GRACIELA)

viernes, 10 de febrero de 2017

Ledicia Costas no IES Terra de Trasancos


A escritora galega Ledicia Costas estivo no noso centro o mércores 8 de febreriro para falar das Sinsombrero e de Maruja Mallo. Foi unha actividade que está dentro do Plan de  Fomento de la Lectura organizado polo MECD. Dentro do programa "Por qué leer a los clásicos" quixemos dar voz ás escritoras do Grupo  Poético do 27 á vez que dábamos a coñecer entre o alumnado a figura da artista vangardista galega á que se lle dedica este ano o Día das Artes Galegas. 



Ledicia Costas é autora de libros de literatura infantil e xuvenil de gran aceptación entre os rapaces e merecedores de premios como o Premio Merlín de Literatura e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015  ("Escarlatina, a cociñeira defunta") e o Premio Lazarillo de Literatura 2015 con "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta". Tamén é autora do poemario "Xardín de inverno".

Asistiron á charla (que resultou moi enriquecedora) os alumnos e alumnas de 3º de ESO (que están a ler unha novela da escritora "O corazón de Xúpiter"), o grupo de Plástica de 4º da ESO e os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato. 

Andrea Bustabad, alumna de 3º de ESO-A déixanos as súas impresións sobre a visita da escritora : 
"A conferencia, feita por Ledicia Costas, trataba sobre Ana María Gómez González, máis coñecida como Maruja Mallo. Naceu no ano 1902 e foi unha artista da xeración do 27. Estudou na “Real Academia de Bellas Artes”. Un dos cadros máis importantes é a “Sorpresa del Trigo”: Ledicia tamén nos puxo partes de documentais nos que saía Maruja Mallo falando ou nos que saían persoas falando dela. Por outra banda, falouse dunha exposición nun museo no que había uns cadros de Maruja e outros pintores. Mercáronse moitos deles, pero ningún da pintora, debido a que era pouco coñecida. Aínda que agora os seus cadros teñen moito valor.
 Aínda que Ledicia non viña falar dos seus libros, os alumnos de 3ºESO, aproveitamos a ocasión para facerlle unhas preguntas sobre “O corazón de Xúpiter”, un libro que tivemos que ler. A conferencia rematou cunha sinatura de libros."


sábado, 4 de febrero de 2017

Parte meteoropoético para o mes de febreiro

Agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con poemas e melodías de frauta e piano. Haberá precipitacións poéticas  tódolos días. Atentos á información nos paneis do hall. As temperaturas serán altas, sobre todo o día 14, como  e normal nesta época do ano, Un vento de metáforas fortes pode entrar polas aulas. Actívase o nivel vermello de alerta pola entrada dun temporal  que xa está a afectar na aula de 1º de bacharelato.  No referido ó estado da calidade do aire e dos sentimentos, manterase en xeral favorable a moi favorable.