sábado, 13 de mayo de 2017

Gañadores do I Concurso de Poesía organizado pola nosa biblioteca



Desde a biblioteca do IES Terra de Trasancos estamos traballando sen presa mais sen pausa por facer da poesía unha forma natural e cercana de expresión. En palabras da  poetisa Eva Veigaa poesía é "esa maxia pola que as palabras -(des)colocadas nunha orde (in)determinada- eclosionan nunha nova vida plurisignificativa. A poesía é un espazo libertario, unha quebra do sistema ordinario do pensar, de percibir, de sentir".
Embebidos nese ánimo, o martes 9 de  maio entregamos na biblioteca os premios aos gañadores do I Concurso de Poesía organizado pola Biblioteca coa colaboración de Graciela Galdo, vicedirectora do centro. O premio consistiu nun diploma e un cheque-regalo por valor de 20 euros para mercar nunha librería da localidade.
Ante un  entusiasta público (4º de ESO B e un grupo de alumnas de 2º de bacharelato) foron entregados os premios aos gañadores. 


Na categoría de bacharelato e ciclos o premio foi otorgado a Adrián Sixto, de 2º de bacharelato.
Los pensamientos de Orfeo, blog de Adrián Sixto
Na categoría de 3º e 4º da ESO o premio correspondeulle a Jorge Jérez, alumno de 3º de ESO.
Jorge e Adrián coa coordinadora da biblioteca

Aquí tedes os poemas gañadores. Noraboa aos dous!