miércoles, 27 de septiembre de 2017

Atrévete a pensar! SAPERE AUDE!

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.

Para aprender a pensar cómpre ser atrevido, ter o valor de usar a nosa propria razón, atreverse a saber. Isto non é unha idea para nada moderna. Xa no século I a. de C. o poeta latino Horacio nolo aconsella: Dimidium facti, qui coepit, habet: sapere aude, / incipe (Quien ha comenzado, ya ha hecho la mitad: atrévete a saber, empieza).

Con ese ánimo, posto o noso pensamento no valor que agochan os libros, comezamos un curso máis a nosa andaina por novas corredoiras, quizais estreitas e perigosas, -pode ser- pero que nos levarán ao destino elixido se nos atrevemos a empregar o noso pensamento, a nosa autonomía, a nosa liberdade. 

Atréveste?