sábado, 25 de enero de 2020

Aniversario do nacemento de Castelao


 Celebramos o día do nacemento de Castelao cunha exposición  no vestíbulo do IES Terra de Trasancos de dibuxos e libros sobre a súa obra. 






miércoles, 22 de enero de 2020

Ante o veto parental

Os nenos e nenas non son adultos en miniatura son persoas en fase de desenvolvemento aos que hai que coidar e educar en liberdade, en igualdade de dereitos e oportunidades. 

O Estado, por medio das institucións educativas, ten que garantizar a educación en valores democráticos e de igualdade, respecto e tolerancia e así nos encarga ao profesorado que desenvolvamos os curriculos establecidos nas leis de educación basados neses principios. 

Todas as actividades programadas no centro desenvolven esos principios e estan recollidas no Proxecto Educativo do Centro e avaladas polo Consello Escolar do que forman parte os pais e nais por medio de representantes do ANPA.

Permitir un veto parental á educación abre a porta a censura,  ideolóxica , a liberdade de pensamento, a educación para o pensamento crítico. Vai en contra dos dereitos do neno e da nena.

Os nenos e nenas non son propiedade dos seus proxenitores como non é propiedade de ninguén ningunha persoa, deben ser protexidos polas institucións e especialmente polo sistema educativo incluso, e lamentablemente nalgún caso, protexidos do seu ambiente familiar cando este é intolerante contra as súas eleccións íntimas e de desenvolvemento persoal. 

A educación en igualdade, en liberdade de elexir a orientación sexual e de xénero e protección ante os abusos e a violencia é un dereito das persoas, dos nenos e nenas, non unha elección dos seus proxenitores ou titores. 

As bibliotecas escolares dentro dos seu proxectos abranguen os obxectivos dunha educación integral sempre respectando a diversidade dos nenos e nenas e das súas familias nos ámbitos culturais, ideolóxicos e relixiosos. Posibilitan a igualdade de oportunidades, o dereito a educación en liberdade e valores, a elección do camiño persoal dos nenos e nenas usuarias por medio das lecturas e actividades que as fomentan.  

A biblioteca é un espazo educativo e de inclusión donde todos os nenos e nenas son benvidos e respectados independentemente da súa diversidade en capacidades e eleccións persoais, e os recursos cos que conta favorecen o seu desenvovemento persoal e a igualdade de oportunidades. 

So faltaría que viñeran a censurar os libros!

 

miércoles, 15 de enero de 2020

DIARIO DE ANA FRANK

Un testemuño único sobre o horror e a barbarie nazi, e sobre os sentimentos e experiencias que viviu unha nena xudía recluída coa súa familia para fuxir do Holocausto. Tras a invasión de Holanda, os Frank, comerciantes xudeus alemáns emigrados a  Amsterdam en 1933, ocultáronse da  Gestapo nunha bufarda anexa ao edificio onde o pai de Anne tiña as súas oficinas. Eran oito persoas e permaneceron recluídas desde xuño do 1942 ata agosto de 1944, data en que foron detidas e enviadas a campos de concentración. Nese lugar e nas máis precarias condicións, Anne, naquel momento unha nena de trece anos, escribiu o seu estremecedor Diario: un testemuño único no seu xénero sobre o horror e a barbarie nazi, e sobre os sentimentos e experiencias da propia Anne e os seus acompañantes. Anne morreu no campo de Bergen- Belsen en marzo de 1945. O seu Diario nunca morrerá.

«De entre os moitos que, ao longo da historia, falaron en nome da dignidade humana en tempos de sufrimento e morte, non hai ningunha voz que teña máis peso que a de Anne Frank.»  John  F. Kennedy

sábado, 11 de enero de 2020

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA


Para commemorar o día escolar da paz e a non violencia, para concienciar  en contra de todas as violencias en especial en contra da deshumanización da  guerra, dende a Biblioteca vos propoñemos unha actividade de lectura compartida e continua o vindeiro 30 de xaneiro (xoves) dende as 9:00 ata as 14:00 no espazo da biblioteca. 

Necesitamos persoas voluntarias para ler "O diario de Ana Frank"(previsiblemente)  en voz alta e de forma contÍnua. Profesorado, alumnado, persoal non docente e membros da ANPA quedades convocados para ler en voz alta durante 10 minutos o texto e/ou  asistir como ouvintes a lectura.

Apuntadevos na biblioteca ate o día 23 (xoves) para posibilitar a organización  dos tempos de lectura.

Guerra NUNCA MÁIS!