miércoles, 30 de octubre de 2019

DECORAMOS A BIBLIOTRASANCOS PARA A SEMANA DAS ÁNIMAS






Presentovos a Patricio e Escarlatina que vos esperan na bibliotrasancos para botar unhas parrafadas e escoitar os vosos contos. Non faltedes ou irán a buscarvos a vosa casa.

miércoles, 23 de octubre de 2019

Día da Biblioteca

Autor. Miguel Calatayud
PREGÓN. Autora Gemma Pasqual

A SEN CONTO

Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.

E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.

Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.

Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.

Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.

Tradución: Héctor Cajaraville


Novedades outubro







CONTOS DE MEDO PARA CONTAR NA BIBLIOTECA

Hecho con Padlet

lunes, 21 de octubre de 2019

Días internacionais e mundiais outubro

https://www.diainternacionalde.com/mes/octubre

Suxerencias de temas para a lectura utilizando a celebración de días internacionais e mundiáis, tamén podes ver as efemérides pinchando no calendario do mes a dereita da imaxe. A semana do 24 ao 30  tamén se adica ao desarme

domingo, 20 de octubre de 2019

CALENDARIO DE LECTURA 2019-20

CALENDARIO DE LECTURA para o presente curso escolar 2019/2020, que entrará en vigor a partir da vindeira semana,do 21 ao 25 de outubro, sendo o xoves día 24 a data na que se celebra o Día da Biblioteca
Comezaremos esta semana coa lectura na cuarta hora, 20 minutos diarios dedicados á lectura nas aulas da ESO. Todo o alumnado da ESO deberá traer na súa mochila un libro de lectura. Os titores/as deberán informar aos seus titorandos e titorandas.

O/a profesor/a correspondente, cando teña clase cun grupo destes niveis na hora sinalada da semana en cuestión, preferentemente traerá unha lectura para facer e comentar neses vinte minutos co grupo, que pode estar relacionada coas efemérides da semana, con suxestións do Equipo da Biblioteca do centro. 

Lembrade que acordamos dúas opcións de lectura no centro: lectura individual silenciosa (libro do alumno/a) e lectura en común en voz alta (profesor ou alumno). Sería recomendable que ao longo do curso se combinen os dous modelos lectores.
En todas as aulas de grupos haberá un calendario de lectura pegado na mesa do profesor/a para a súa consulta.

jueves, 10 de octubre de 2019

I CONCURSO MICRORRELATOS EDGAR ALLAN POE

ENLACE AS BASES
Dado o interés que estades demostrando na escritura de microrrelatos AMPLIAMOS O PRAZO DE RECEPCIÓN ATE O 8 DE NOVEMBRO.
Lembrade que as normas do concurso estipulan 500 caracteres máximo sin contar espazos nin título
Animadevos a escribir, hai competencia forte pero o teu microrrelato pode ser un dos gañadores.