sábado, 7 de marzo de 2020

8M MOSTRA DE LIBROS

As mulleres lemos e escribimos. Lemos para saber, para vivir, para comprendernos e comprender o mundo e por placer. Escribimos para compartir a nosa experiencia, para cambiar o mundo, para facernos un oco nel.

Para conmemorar o Día Internacional da muller, sacamos a todas as escritoras dos seus estantes e as mostramos, para visibilizarnos como creadoras.

Na mostra hai libros sobre feminismo, filósofas, biografías, grandes autoras clásicas, autoras modernas, de novela políciaca, de vivencias de aventuras de libros de viaxe, de literatura xuvenil, comics, fotógrafas e galegas. Porque nada nos é axeno.

Vos propoñemos un reto: poderiades nombrar as mulleres da mostra de libros que mereceron un premio Nobel?

MARZO: EFEMÉRIDES GALEGAS: MULLERES E HOMES QUE NOS REPRESENTAN


MARZO: EFEMÉRIDES GALEGAS: MULLERES E HOMES QUE NOS REPRESENTAN (Galipedia)
2 marzo
1880: nace María Barbeito Cerviño, escritora, socióloga e pedagoga galega
3 marzo
1973, nace Marta Míguez, política e atleta galega na disciplina de xavelina.
4 marzo
1889: nace Francisco Asorey , escultor galego
1945: Francisca Herrera Garrido é a primeira muller en ser nomeada membro numerario da RAG
5 marzo
1888, nace Ramón Otero Pedrayo, escritor e intelectual galego
7 marzo
1805, nace Juana de Vega, escritora galega
1908, morre Manuel Curros Enríquez , escritor galego
8 marzo
1126, morre Urraca de León, raíña de Galicia, León, Castela e Toledo desde 1109.
1917, morre na Coruña Eduardo Pondal, poeta galego
Hoxe é o Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora.
9 marzo
1695, nace en Vilafranca do Bierzo Frei Martín Sarmiento, considerado un dos pais da lingüística galega. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002
1994, morre Fernando Rey, actor galego nado na Coruña. (n. 1917)
10 marzo
1944, publícase en Buenos Aires Sempre en Galiza, libro de ensaio político escrito por Castelao, considerado a obra canónica do nacionalismo galego.
Hoxe é o Día da Clase Obreira Galega,  que conmemora a morte de dous traballadores en Ferrol nun enfrontamento coa polícia franquista no ano 1972
11 marzo
1993, morre Jesús Bal y Gay, compositor e musicólogo lucense
13 marzo
1869, nace na Coruña, Ramón Menéndez Pidal, filólogo e historiador
1918, revolta veciñal contra os excesivos impostos na Feira do Trece (Narón), que remata con seis mortos pola  Garda Civil e tropas de infantería e cabaleiría, ás ordes do tenente Pedro Alcaide.
18 marzo
1885, nace Carlos Sobrino Buhigas, pintor galego (m. 1978).
1891, nace Roberto Blanco Torres, xornalista e escritor galego (m. 1936
20 marzo
1897, morre Felicia Auber, escritora galega
21 marzo
Hoxe é o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial e o Día Mundial da Poesía
22 marzo
1900, nace Ofelia Nieto, soprano galega
1863, morre Nicomedes Pastor Díaz, político e escritor galego (n. 1811)
24 marzo
1878, nace Gonzalo López Abente, escritor galego.
25 marzo
1990, morre Ricardo Carvalho Calero, filólogo e escritor galego.
28 marzo
1939, o xeneral Francisco Franco conquista Madrid. Catro días despois rematou a Guerra Civil Española.
1966, morre Ramón María Aller Ulloa, astrónomo galego (n. 1878)
31 marzo
1901, nace Fermín Bouza-Brey, escritor galego.