martes, 18 de abril de 2017

CONCURSO DÍA DO LIBRO


XII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis. Aínda estades a tempo de participar para cambiar o mundo!


BASES DO CERTAME DE NARRACIÓN CURTA DO CONCELLO DE CURTIS
                             “O MEU PLAN PARA CAMBIAR O MUNDO” 
  • 1. Convócase o XII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis "O MEU PLAN PARA CAMBIAR O MUNDO. Cóntanos … ti que farías?”.
  • 2. Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
  • 3. Os textos deberán ser orixinais, inéditos, e non premiados en ningún outro certame.
  • 4. Deberán enviarse escritos en formato WORD e cunha extensión comprendida entre os 3000 e os 5000 carácteres (espazos incluídos).
  • 5. Enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: relatoscurtis@gmail.com
Achegarase no arquivo de WORD unha última folla que conteña unha copia do DNI, enderezo, teléfono de contacto, e a categoría á que pertence.
  • 6. A data límite de entrega é o 20 de abril de 2017.
  • 7. Establécense dúas categorías:
A.    Dos 12 ós 18 anos
B.     Dos 19 anos en diante
            e dous premios en metálico para cada categoría:
             Categoría A:  1º premio de 200 euros
                                     2º premio de 100 euros

             Categoría B:  1º premio de 350 euros
                                     2º premio de 150 euros    
  • 8. Os traballos que non cumpran as presentes bases quedarán fóra de concurso.
  • 9. O xurado, que estará composto por membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura, resérvase o dereito de outorgar un premio compartido en calquera das categorías se así o considera.
  • 10. Os traballos premiados pasan a ser propiedade do Concello de Curtis, que se reserva o dereito de publicación a través dos medios que considere oportunos e sen afán de lucro.
  • 11. Convidarase ós/ás premiados/as ó acto de entrega que terá lugar no mes de xuño, e no que se agarda a súa asistencia ou a dunha persoa autorizada.
  • 12. A presentación das obras supón a aceptación destas bases.

Para calquera dúbida, escribir ó correo electrónico do certame: relatoscurtis@gmail.com ou chamar ó 651046603.