viernes, 20 de diciembre de 2019

Felicidades!!

O alumnado do Club de Lectura Manga felicitan a toda a comunidade educativa do IES Terra de Trasancos  as Festas e vos recomendan ler moito para vivir mellor.
FELICIDADE, PAZ, AMOR E IGUALDADE.

lunes, 9 de diciembre de 2019

GAÑADORAS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS E.A. POE

A puntuación foi dificil e reñida, de ahi que houbo empate tanto no primeiro como no segundo premio.O vindeiro  17 de decembro  no segundo  recreo entregaremos os premios e diplomas pola participación. Gustarianos contar con todas as  participantes.

Os primeiros premios levarán libro e entradas ao cine Duplex, os segundos libro e o accesit entradas para cine. Todos os participantes levaran diploma pola súa participación, Moitas grazas a todas por participar


NEVERMORE
1º premio
Iriá Pereira García
XIXILA.
1º premio
Chus Galego
O ASEXADOR DA PRANTACIÓN.
2º premio
Eduardo Rodríguez Rey
UNHA NOITE DE DEFUNTOS
2º premio
Luisa López Fraguela
NINGUÉN COMERÁ O SEU MAÍNZO
accesit

Manuela López Fraguela

lunes, 2 de diciembre de 2019

AGASALLANDO CON LECTURAS

Que mellor demostración de agarimo que agasallar cunha lectura? 

Ler un libro recomendado por unha persoa que te quere é unha demostración de afecto dobre e compartida, da persoa que agasalla e da persoa agasallada. Participan as dúas do placer da lectura. 

Como participar?

Pasate pola biblioteca antes do 13 de Decembro e elixe un libro para esa persoa especial. Anotate na lista con:  o nome da persoa a que queres agasallar, o título do libro o teu nome e número de socio da biblioteca (si non o sabes pregunta que o buscamos, si non tes carnet de socio é o momento de conseguilo)
Nós encargamonos de recomendarche lecturas, de preparar o agasallo e facelo chegar a destino como papa Noel.


miércoles, 30 de octubre de 2019

DECORAMOS A BIBLIOTRASANCOS PARA A SEMANA DAS ÁNIMAS






Presentovos a Patricio e Escarlatina que vos esperan na bibliotrasancos para botar unhas parrafadas e escoitar os vosos contos. Non faltedes ou irán a buscarvos a vosa casa.

miércoles, 23 de octubre de 2019

Día da Biblioteca

Autor. Miguel Calatayud
PREGÓN. Autora Gemma Pasqual

A SEN CONTO

Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.

E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.

Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.

Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.

Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.

Tradución: Héctor Cajaraville


Novedades outubro







CONTOS DE MEDO PARA CONTAR NA BIBLIOTECA

Hecho con Padlet

lunes, 21 de octubre de 2019

Días internacionais e mundiais outubro

https://www.diainternacionalde.com/mes/octubre

Suxerencias de temas para a lectura utilizando a celebración de días internacionais e mundiáis, tamén podes ver as efemérides pinchando no calendario do mes a dereita da imaxe. A semana do 24 ao 30  tamén se adica ao desarme

domingo, 20 de octubre de 2019

CALENDARIO DE LECTURA 2019-20

CALENDARIO DE LECTURA para o presente curso escolar 2019/2020, que entrará en vigor a partir da vindeira semana,do 21 ao 25 de outubro, sendo o xoves día 24 a data na que se celebra o Día da Biblioteca
Comezaremos esta semana coa lectura na cuarta hora, 20 minutos diarios dedicados á lectura nas aulas da ESO. Todo o alumnado da ESO deberá traer na súa mochila un libro de lectura. Os titores/as deberán informar aos seus titorandos e titorandas.

O/a profesor/a correspondente, cando teña clase cun grupo destes niveis na hora sinalada da semana en cuestión, preferentemente traerá unha lectura para facer e comentar neses vinte minutos co grupo, que pode estar relacionada coas efemérides da semana, con suxestións do Equipo da Biblioteca do centro. 

Lembrade que acordamos dúas opcións de lectura no centro: lectura individual silenciosa (libro do alumno/a) e lectura en común en voz alta (profesor ou alumno). Sería recomendable que ao longo do curso se combinen os dous modelos lectores.
En todas as aulas de grupos haberá un calendario de lectura pegado na mesa do profesor/a para a súa consulta.

jueves, 10 de octubre de 2019

I CONCURSO MICRORRELATOS EDGAR ALLAN POE

ENLACE AS BASES
Dado o interés que estades demostrando na escritura de microrrelatos AMPLIAMOS O PRAZO DE RECEPCIÓN ATE O 8 DE NOVEMBRO.
Lembrade que as normas do concurso estipulan 500 caracteres máximo sin contar espazos nin título
Animadevos a escribir, hai competencia forte pero o teu microrrelato pode ser un dos gañadores.

martes, 21 de mayo de 2019

PASAGALEGO. Letras galegas 2019

Para dar a coñecer a figura de Antón Fraguas (homenaxeado nas Letras Galegas 2019) a profesora  de galego Patricia Fuciños creou un PASAGALEGO  que se centra na vida e obra deste autor. Invitámoste a demostrar os teus coñecementos.Anímate a xogar!! 

martes, 23 de abril de 2019

Mercadillo solidario na Semana do Libro



 Hoxe inauguramos o noso Mercadillo Solidario do libro de 2ª man coa colaboración de alumnos e alumnas de FPbásica de Comercio, que fixeron un bonito cartel, montaron o mercadillo e encargaranse de vender os libros. O primeiro día xa foi un éxito. Todos os cartos recaudados serán entregados a Asociación Cometa.

jueves, 4 de abril de 2019

Premio para unha alumna de 3º de ESO no VI Concurso de Esopías



A alumna Antía Calvo Díaz (3º ESO) resultou premiada no VI Concurso de Esopías que cada ano organiza a Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas.

Obtivo o premio na categoría de 2º ciclo da ESO e Bacharelato co relato Un máxico lugar.

Mar e Lara a miúdo percorren un máxico lugar que amosa fermosas fervenzas, árbores altísimas que un sol radiante pode apenas, na escura copa, dar luz, axudando así ós trasnos.

Ademais, o IES Terra de Trasancos estivo representado polos seguintes relatos:

Ada no paraíso de Sofía García Rodríguez (4 ªESO)

Terra enmeigada de Brais Otero Balsa (2º ESO)

O bisavó de Alejandro Fernández García (1º ESO)

Un día infinito de Lara Ríos Calvo (1º ESO)


PARABÉNS PARA A GAÑADORA. PARABÉNS PARA DEMAIS PARTICIPANTES!!

jueves, 21 de marzo de 2019

Marcapáxinas para o Día da poesía



Marcapáxinas feitos por alumnos e alumnas de 1º de bacharelato coa profesora de galego, Patricia Fuciños. Repartíronse entre toda a comunidade educativa.

lunes, 28 de enero de 2019

Obradoiro de BACKGAMMON

O Departamento de Matemáticas está a ofrecer un Obradoiro de Backgammon, un dos xogos de mesa máis antigos que se coñecen. Para máis información podes pinchar AQUÍ.
As xuntanzas son os venres no segundo recreo na BIBLIOTECA. Os profes de mates Vicente e Patricia son os encargados de coordinar a actividade.