domingo, 29 de abril de 2018

Exposición Semana do Libro

Con motivo do Día do Libro, desde a Biblioteca organizamos a Semana do Libro (do 23 ao 27 de abril). Libros interesantes de diversas materias (ciencias, matemáticas, música, arte) saíron dos departamentos e dos estantes da biblioteca y estiveron expostos no vestíbulo a carón da porta da biblioteca.

domingo, 22 de abril de 2018

Parcapáxinas para o Día do Libro

Esta semana estamos a repartir marcapáxinas con imaxes  tomadas de Pixabay e citas sobre a importancia do libro de dous grandes das letras: o filósofo Emilio Lledó e o escritor norteamericano William Faulkner. Polo reverso tedes un calendario do ano actual. Esperemos que vos gusten. 


Marcapáxinas con cita de Emilio Lledó.
Marcapáxinas con cita de William Faulkner

jueves, 19 de abril de 2018

Preparándonos para abrir a porta (literalmente!) ao Día do Libro



Hai tempo que gardo esta imaxe no meu ordenador, aínda que descoñezo a súa procedencia. Está chea de verdade e invita á reflexión neste tempo de excesos e de redución das materias humanísticas nas aulas. A BIBLIOTECA  é un espazo de oportunidades para desenrolar a creatividade, o pensamento crítico, a sensibilidade social, o entretemento de calidade, ... Só hai que entrar en ela, pasear entre os seus estantes, coller un libro, deixalo, coller outro, deixalo tal vez,... porque elixir a quen ten que ir polo noso camiño tampouco é fácil pero hai que darlle unha oportunidade. Di o proverbio: “Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera”. Na nosa BIBLIOTECA hai un libro que te espera, si, a ti, agochado é paciente, só espera que o atopes. Cando iso suceda, seredes inseparables.
 O luns, Día do Libro, abrimos de novo. AGARDÁMOSTE.

jueves, 5 de abril de 2018

ESTAMOS EN OBRAS



Non, non nos invaden as arañeiras por falta de uso da biblioteca. Despois de moito tempo cómpre facer reformas, ampliar o espazo e botar unha boa man de pintura. Axudados por algúns dos voluntarios e voluntarias da biblioteca (Nerea, Ángela, Desi, Eliana, Aarón e Viky) estamos a preparar todo para que as reformas non danen os nosos libros. 
En menos do que canta un galo estamos de novo con vós!
Estade atent@s!