jueves, 29 de octubre de 2020

 GAÑADORES DO CONCURSO MICRORRELATOS SAMAÍN

No seguinte enlace podedes ver aos premiados do concurso de microrrelatos con motivo do Samaín.

Parabéns aos gañadores e felicidades a tod@ os participantes por amosar a súa creatividade neses relatos tan arrepiantes.

A entrega de premios farase o venres 30 outubro na Biblioteca no segundo recreo. 

¡Noraboa¡

https://drive.google.com/file/d/1Ep4Okl6voMQxsUZMhQtpcQFRwOtNwBBQ/view?usp=sharing


lunes, 22 de junio de 2020

Visita a bibliotrasancos e verás que pasou este curso





Imonos xa. Rematou este curso inusual e despedimonos da biblio, pero por corto tempo. En setembro volveremos con moitas actividades novas. 

Aproveitade as vacacións para soñar lendo. Coidadevos en corpo e alma. Descansade, ide a praia a concertos ao cine, lede falade, xogade,  bailade e cantade...amade a vida. Todo do que nos privou este tempo incerto podemos aproveitalo agora.

E apagade a televisión.

Considero que a televisión é moi educativa. Cada vez que alguén prende o televisor saio da habitación e voume a outra parte a ler un libro". Groucho Marx, actor

sábado, 20 de junio de 2020

Club de manga. Resistencia mangante

Vaia cos mangantes! Tiñannos preparada unha sorpresa camuflada na gala de fin de curso do IES Terra de Trasancos. Velaí!

domingo, 17 de mayo de 2020

Carvalho Calero. Dias das Letras Galegas 2020

Ilustración: AGAL
No día das letras  a homenaxe tan esperado a Carvalho Calero, mestre, poeta, pai da nosa fala e patria veciño da nosa bisbarra,  queda un pouco deslucido polo confinamento. Sirva este post de reconto, achegamento e baúl de iniciativas para repasar cando voltemos as aulas

Carvalho Calero AGAL , Unidades para o ensino

Exposición Carvallo Calero Ferrol Concello de Ferrol

Ricardo Carvalho Calero. O cabaleiro da orde das Letras Galegas (Abanca Fundación)

Primeiro Poema de Carvalho Calero. Semente Trasancos

Homenaxe Carvalho Calero. Día das Letras galegas 2020. IES Terra de Trasancos

Carvalho Calero. Antoloxía Urxente

Día das Letras Galegas 2020. Carvalho Calero Franciscanas OU

 Luzes, Xornalismo que conta.

Día das Letras Galegas 2020.





De Carballo a Carvalho: percurso pola vida e obra de Ricardo Carvalho Calero. É o título da obra audiovisual  que A Associaçom Galega da Língua está a piques presentar, da man de Arraianos Producións, unha curtametraxe documental sobre a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero. A peza está previsto que comece a circular polas redes sociais no mes de maio.
“A idea era facer unha curtametraxe documental moi divulgativa, pensada para o ensino, para a xente nova, co ánimo de rachar unha barreira xeracional e desacralizar a cultura, facéndoa máis popular”, explica a Nós Diario Aser Álvarez, director da fita.

Si queres ler o artigo completo do xornal Nos pica no enlace




jueves, 23 de abril de 2020

OS LIBROS COBRAN VIDA. DÍA DO LIBRO 2020

Que grandes lectoras e lectores temos no IES Terra de transancos e que dotes de imaxinación e creatividade! Grazas María Fernández polo magnifico traballo e Moitaa Grazas a todas e todos os participantes. Que non decaiga o amor á lectura!

miércoles, 22 de abril de 2020

E ti, ¿que libro estás a ler?


Muller nova lendo. Mary Cassat
Queremos celebrar o día do libro da mellor forma posible, lendo e compartindo lecturas. Sabemos que sodes devora libros e máis nestes tempos de confinamento, dende a bibliotrasancos vos propoñemos que nos fagades participes das vosas lecturas contestando a este cuestionario. Para acceder pincha na foto ou ben na pestana do blog "Que libro estas lendo?" ou neste mesmo enlace

Podedes enviar tantos cuestionarios como libros querades compartir e estará aberto indefinidamente. Periodicamente faremos recopilación e escolma dos libros propostos e recomendaremolos neste blog.

A enquisa pode ser  anónima ou  podedes utilizar pseudónimo. Non hai límite de edade e está aberta a todas as persoas que teñán relación co IES Terra de Trasancos:  Persoal docente e non docente xa teña destino no mesmo este curso ou o tivera noutros, alumnado, membros da ANPA..

Cando volvamos a vernos este curso, que volveremos, haberá recoñecemento para as persoas máis devora libros.

Moitas grazas pola vosa participación.

viernes, 17 de abril de 2020

OS LIBROS COBRAN VIDA. DIA DO LIBRO 2020

Dende o  Equipo da Biblioteca queremos propoñervos un pequeno RETO para celebrar o vindeiro 23 de abril (xoves) no que celebramos  o "Día do Libro".

Trátase dunha actividade na que podedes participar PROFES
e PERSOAL NON DOCENTE , ALUMNADO e membros da ANPA.
 

O RETO resúmese en tres pasos:

1.- Buscar un libro da nosa casa.
2.- Camuflarnos coa portada (seremos "camaleónicos¡¡¡)
3.- Sacarnos unha foto co móvil (pode ser en horizontal ou vertical)

Esa foto a enviarase aos correos que adxunto a continuación antes do martes 21 de abril.: maria.fdez.brion@gmail.com ou bibliotrasancos@gmail.com
Con todas as fotos faremos unha montaxe e veremos o resultado final o Dia do Libro ( 23 de Abril).

Anímamosvos a  participar...¡¡¡

sábado, 7 de marzo de 2020

8M MOSTRA DE LIBROS

As mulleres lemos e escribimos. Lemos para saber, para vivir, para comprendernos e comprender o mundo e por placer. Escribimos para compartir a nosa experiencia, para cambiar o mundo, para facernos un oco nel.

Para conmemorar o Día Internacional da muller, sacamos a todas as escritoras dos seus estantes e as mostramos, para visibilizarnos como creadoras.

Na mostra hai libros sobre feminismo, filósofas, biografías, grandes autoras clásicas, autoras modernas, de novela políciaca, de vivencias de aventuras de libros de viaxe, de literatura xuvenil, comics, fotógrafas e galegas. Porque nada nos é axeno.

Vos propoñemos un reto: poderiades nombrar as mulleres da mostra de libros que mereceron un premio Nobel?

MARZO: EFEMÉRIDES GALEGAS: MULLERES E HOMES QUE NOS REPRESENTAN


MARZO: EFEMÉRIDES GALEGAS: MULLERES E HOMES QUE NOS REPRESENTAN (Galipedia)
2 marzo
1880: nace María Barbeito Cerviño, escritora, socióloga e pedagoga galega
3 marzo
1973, nace Marta Míguez, política e atleta galega na disciplina de xavelina.
4 marzo
1889: nace Francisco Asorey , escultor galego
1945: Francisca Herrera Garrido é a primeira muller en ser nomeada membro numerario da RAG
5 marzo
1888, nace Ramón Otero Pedrayo, escritor e intelectual galego
7 marzo
1805, nace Juana de Vega, escritora galega
1908, morre Manuel Curros Enríquez , escritor galego
8 marzo
1126, morre Urraca de León, raíña de Galicia, León, Castela e Toledo desde 1109.
1917, morre na Coruña Eduardo Pondal, poeta galego
Hoxe é o Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora.
9 marzo
1695, nace en Vilafranca do Bierzo Frei Martín Sarmiento, considerado un dos pais da lingüística galega. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002
1994, morre Fernando Rey, actor galego nado na Coruña. (n. 1917)
10 marzo
1944, publícase en Buenos Aires Sempre en Galiza, libro de ensaio político escrito por Castelao, considerado a obra canónica do nacionalismo galego.
Hoxe é o Día da Clase Obreira Galega,  que conmemora a morte de dous traballadores en Ferrol nun enfrontamento coa polícia franquista no ano 1972
11 marzo
1993, morre Jesús Bal y Gay, compositor e musicólogo lucense
13 marzo
1869, nace na Coruña, Ramón Menéndez Pidal, filólogo e historiador
1918, revolta veciñal contra os excesivos impostos na Feira do Trece (Narón), que remata con seis mortos pola  Garda Civil e tropas de infantería e cabaleiría, ás ordes do tenente Pedro Alcaide.
18 marzo
1885, nace Carlos Sobrino Buhigas, pintor galego (m. 1978).
1891, nace Roberto Blanco Torres, xornalista e escritor galego (m. 1936
20 marzo
1897, morre Felicia Auber, escritora galega
21 marzo
Hoxe é o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial e o Día Mundial da Poesía
22 marzo
1900, nace Ofelia Nieto, soprano galega
1863, morre Nicomedes Pastor Díaz, político e escritor galego (n. 1811)
24 marzo
1878, nace Gonzalo López Abente, escritor galego.
25 marzo
1990, morre Ricardo Carvalho Calero, filólogo e escritor galego.
28 marzo
1939, o xeneral Francisco Franco conquista Madrid. Catro días despois rematou a Guerra Civil Española.
1966, morre Ramón María Aller Ulloa, astrónomo galego (n. 1878)
31 marzo
1901, nace Fermín Bouza-Brey, escritor galego.

lunes, 24 de febrero de 2020

Día de Rosalía



Para celebrar o aniversario do nacemento de Rosalía vos ofrecemos unha presentación dos seus libros "Cantares Gallegos" e "Follas Novas" cunha escolma de poemas. Na biblioteca tamén temos unha mostra dos sus libros e un artigo de Francisco Rodríguez publicado en Sermos Galiza de interes para coñecer a Rosalía gran descoñecida, pouco lida e mal interpretada.

sábado, 8 de febrero de 2020

FEBREIRO EFEMÉRIDES GALEGAS E GALEGOS QUE NOS REPRESENTAN


FEBREIRO: EFEMÉRIDES GALEGAS: MULLERES E HOMES QUE NOS REPRESENTAN (Galipedia)
2  de Febreiro
1923, morre Manuel Murguía na súa casa de rúa de Santo Agostiño da Coruña (n. 1833).
3 de febreiro
1878, nace Ramón María Aller Ulloa, astrónomo galego, no pazo de Filgueiroa (Donramiro, Lalín)
1949, nace Amancio Prada, cantautor nado no Bierzo
4 de Febreiro
1893, morre en Vigo Concepción Arenal, intelectual galega
6 de Febreiro
1899, morre Ramón Verea, inventor galego
1995, morre Maruxa Mallo, pintora surrealista galega
9 de Febreiro
1908, morre Clara Corral, poeta galega.
2007, falece Alexandre de Fisterra, inventor do futbolín.
14 de Febreiro
1898, nace Olimpia Valencia, a primeira doutora galega
 1914, nace en Barallobre Bieito Cupeiro (m. 1993), mestre e escritor nacionalista galego emigrado á Arxentina.
16 de Febreiro
1919 - 4 labregas foron abatidas a tiros por axentes da Garda Civil na parroquia de Sofán, cando participaban na comitiva para soterrar un neno no cemiterio vello clausurado polas autoridades
 2000 morre Suso Vaamonde, compositor e músico galego, nado na aldea de Regodobargo en Ponte Caldelas en 1950.
18 de Febreiro
19 de Febreiro
1992, morre Eduardo Barreiros, enxeñeiro e empresario galego fundador da automobilística Barreiros (n. 1919).
20 de Febreiro
1982, nace Lucía Aldao, poetisa e artista galega.
21 de Febreiro
24 de Febreiro
1837, nace Rosalía de Castro, escritora galega.
25 de Febreiro
1967, nace Silvia Bardelás, escritora galega.
26 de Febreiro
2010, morre Rafaela Hervada Carnerero, avogada e directora de radio galega (n. 1917).
28 de Febreiro
1810, nace Nicolasa Añón, campesiña e poeta galega. (m. 1887)
1981, morre en Vigo Álvaro Cunqueiro, escritor galego (n. 1911).