miércoles, 24 de octubre de 2018

Día da Biblioteca

Hoxe, Día da Biblioteca, inauguramos o Calendario de Lectura. Todos os días lese durante 20 minutos na hora corresponde ao color da semana. Cómpre levar sempre un libro na mochila, aínda que os profesores poden optar por facer unha lectura en voz alta dun texto que invite logo á reflexión, dun conto, dun fragmento dunha novela, de poesía... Empezamos na Semana Azul, lendo a 4ª hora.

Iniciamos esta actividade lendo o pregón que Gonzalo Moure escribiu para esta ocasión. Podes descargalo AQUÍ.

No segundo recreo recolleron os seus premios os gañadores dos carteis do Día Europeos das Linguas:


NORABOA AOS GAÑADORES!!!
 

domingo, 7 de octubre de 2018

Convocatoria do I Concurso de contos de terror





Convocamos o 1 Concurso de Contos de Terror. A que non te atreves a participar?
Se es valente, ousado, ou mesmo temerario, aquí tes as BASES do concurso.
Estámoste esperando...

martes, 2 de octubre de 2018

Plan Lector: efemérides de outubro




Para inspirar os temas do tempo de lectura a Biblioteca vai elaborar uns carteis inspiradores con acontecementos importantes de cada mes. O de outubro está cheo de sucesos moi interesantes!!
Podes descargalo AQUÍ.