jueves, 30 de noviembre de 2017
jueves, 9 de noviembre de 2017
Relatos de terror na Semana das Ánimas
A Semana das ÁNIMAS estivo chea de actividades moi interesantes. Pouco a pouco amosaremos as creacións dos alumnos e alumnas participantes. Aquí vos deixamos dous relatos de terror escritos por dúas alumnas de PMAR de 2º ESO, Yinyi Huang e Andrea Montero.
Relato Yin
domingo, 5 de noviembre de 2017
miércoles, 25 de octubre de 2017
PREPARANDO A SEMANA DAS ÁNIMAS CON TIM BURTON
É o director de cine TIM BURTON, creador dun mundo imaxinario terrorífico e cheo de tenrura á vez, algo bastante difícil de conseguir, por certo. Se queres saber máis sobre el pincha AQUÍ.
Ademais de
- decorar terrorificamente a biblioteca,
- ver curtametraxes inspirados na súa obra
- facer unha exposicións con libros de terror...
- facer unha exposición con ilustracións inspiradas nas súas personaxes...
Ademais diso, haberá un Obradoiro de Escritura Creativa para sentirse Tim Burton por un día.
Estas son as actividades
- Si Tim Burton se inspirase en mí...
- La chica vudú y el chico momia
viernes, 20 de octubre de 2017
CLUBE DE LECTURA DE ADULTOS
As lecturas do primeiro trimestres son O xiro postal, do escritor e cineasta senegalés Ousmane Sembène e Del color de la leche, da dramaturga e novelista británica Nell Leyshon.
Animamos a todas e todos a participar: nais e pais, persoal non docente e profesores. Animádevos.
miércoles, 27 de septiembre de 2017
Atrévete a pensar! SAPERE AUDE!
"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o
lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018
con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.
Para aprender a pensar cómpre ser atrevido, ter o valor de usar a nosa propria razón, atreverse a saber. Isto non é unha idea para nada moderna. Xa no século I a. de C. o poeta latino Horacio nolo aconsella: Dimidium facti, qui coepit, habet: sapere aude, / incipe (Quien ha comenzado, ya ha hecho la mitad: atrévete a saber, empieza).
Con ese ánimo, posto o noso pensamento no valor que agochan os libros, comezamos un curso máis a nosa andaina por novas corredoiras, quizais estreitas e perigosas, -pode ser- pero que nos levarán ao destino elixido se nos atrevemos a empregar o noso pensamento, a nosa autonomía, a nosa liberdade.
Atréveste?
miércoles, 21 de junio de 2017
1º de ESO opina sobre las lecturas de Lengua Castellana
Finaliza el curso y es hora de hacer balance de lo aprendido.
¿Qué les habrán parecido a los alumnos y alumnas de 1º de ESO los libros de lectura marcados en Lengua Castellana y Literatura?
Estamos deseando conocer vuestra opinión, chicos y chicas de 1º de ESO, así que si la ola de calor (y los exámenes finales) no han achicharrado vuestras neuronas y vuestro ánimo, esperamos que opinéis sobre las lecturas de clase y que votéis a la mejor. LA GANADORA ES.... (¡Ay, qué nervios!)
lunes, 19 de junio de 2017
miércoles, 17 de mayo de 2017
sábado, 13 de mayo de 2017
Gañadores do I Concurso de Poesía organizado pola nosa biblioteca
Desde a biblioteca do IES Terra de Trasancos estamos traballando sen presa mais sen pausa por facer da poesía unha forma natural e cercana de expresión. En palabras da poetisa Eva Veiga, a poesía é "esa maxia pola que as palabras -(des)colocadas nunha orde (in)determinada- eclosionan nunha nova vida plurisignificativa. A poesía é un espazo libertario, unha quebra do sistema ordinario do pensar, de percibir, de sentir".
Embebidos nese ánimo, o martes 9 de maio entregamos na biblioteca os premios aos gañadores do I Concurso de Poesía organizado pola Biblioteca coa colaboración de Graciela Galdo, vicedirectora do centro. O premio consistiu nun diploma e un cheque-regalo por valor de 20 euros para mercar nunha librería da localidade.
Ante un entusiasta público (4º de ESO B e un grupo de alumnas de 2º de bacharelato) foron entregados os premios aos gañadores.
Na categoría de bacharelato e ciclos o premio foi otorgado a Adrián Sixto, de 2º de bacharelato.
Na categoría de 3º e 4º da ESO o premio correspondeulle a Jorge Jérez, alumno de 3º de ESO.
Ante un entusiasta público (4º de ESO B e un grupo de alumnas de 2º de bacharelato) foron entregados os premios aos gañadores.
Na categoría de bacharelato e ciclos o premio foi otorgado a Adrián Sixto, de 2º de bacharelato.
![]() |
| Los pensamientos de Orfeo, blog de Adrián Sixto |
![]() |
| Jorge e Adrián coa coordinadora da biblioteca |
Aquí tedes os poemas gañadores. Noraboa aos dous!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














