jueves, 9 de noviembre de 2017

Relatos de terror na Semana das Ánimas

A Semana das ÁNIMAS estivo chea de actividades moi interesantes.  Pouco a pouco amosaremos as creacións dos alumnos e alumnas participantes. Aquí vos deixamos dous relatos de terror escritos por dúas alumnas de PMAR de 2º ESO, Yinyi Huang e Andrea Montero.                                      





Relato Yin

miércoles, 25 de octubre de 2017

PREPARANDO A SEMANA DAS ÁNIMAS CON TIM BURTON

A  biblioteca está a preparar ás actividades da SEMANA DAS ÁNIMAS, dedicado este curso a este tipo... digamos... tan peculiar
É o director de cine TIM BURTON, creador dun mundo imaxinario terrorífico e cheo de tenrura á vez, algo bastante difícil de conseguir, por certo. Se queres saber máis sobre el pincha AQUÍ.

Ademais de
- decorar terrorificamente a biblioteca,
- ver curtametraxes inspirados na súa obra


 - facer unha exposicións con libros de terror...
- facer unha exposición con ilustracións inspiradas nas súas personaxes...

Ademais diso, haberá un Obradoiro de Escritura Creativa para sentirse Tim Burton por un día.
Estas son as actividades
- Si Tim Burton se inspirase en mí...
- La chica vudú y el chico momia



viernes, 20 de octubre de 2017

CLUBE DE LECTURA DE ADULTOS


Comeza o Clube de Lectura de Aultos  na Biblioteca do IES Terra de Trasacos. Como di o filósofo "Un neno que le é un neno que ve ler aos adultos" ou "Un adulto que le pode transmitir mellor o amor á lectura aos nenos" ou " Como imos educar con espírito crítico sin libros?

As lecturas do primeiro trimestres son O xiro postal, do escritor e cineasta senegalés Ousmane Sembène e Del color de la leche, da dramaturga e novelista británica  Nell Leyshon.

Animamos a todas e todos a participar: nais e pais, persoal non docente e profesores. Animádevos. 

miércoles, 27 de septiembre de 2017

Atrévete a pensar! SAPERE AUDE!

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.

Para aprender a pensar cómpre ser atrevido, ter o valor de usar a nosa propria razón, atreverse a saber. Isto non é unha idea para nada moderna. Xa no século I a. de C. o poeta latino Horacio nolo aconsella: Dimidium facti, qui coepit, habet: sapere aude, / incipe (Quien ha comenzado, ya ha hecho la mitad: atrévete a saber, empieza).

Con ese ánimo, posto o noso pensamento no valor que agochan os libros, comezamos un curso máis a nosa andaina por novas corredoiras, quizais estreitas e perigosas, -pode ser- pero que nos levarán ao destino elixido se nos atrevemos a empregar o noso pensamento, a nosa autonomía, a nosa liberdade. 

Atréveste?

miércoles, 21 de junio de 2017

1º de ESO opina sobre las lecturas de Lengua Castellana

Finaliza el curso y es hora de hacer balance de lo aprendido. 
¿Qué les habrán parecido a los alumnos y alumnas de 1º de ESO los libros de lectura marcados en Lengua Castellana y Literatura? 
Estamos deseando conocer vuestra  opinión, chicos y chicas de 1º de ESO, así que si la ola de calor (y los exámenes finales) no han achicharrado vuestras neuronas y vuestro ánimo, esperamos que opinéis sobre las lecturas de clase y que votéis a la mejor. LA GANADORA ES.... (¡Ay, qué nervios!)



sábado, 13 de mayo de 2017

Gañadores do I Concurso de Poesía organizado pola nosa biblioteca



Desde a biblioteca do IES Terra de Trasancos estamos traballando sen presa mais sen pausa por facer da poesía unha forma natural e cercana de expresión. En palabras da  poetisa Eva Veigaa poesía é "esa maxia pola que as palabras -(des)colocadas nunha orde (in)determinada- eclosionan nunha nova vida plurisignificativa. A poesía é un espazo libertario, unha quebra do sistema ordinario do pensar, de percibir, de sentir".
Embebidos nese ánimo, o martes 9 de  maio entregamos na biblioteca os premios aos gañadores do I Concurso de Poesía organizado pola Biblioteca coa colaboración de Graciela Galdo, vicedirectora do centro. O premio consistiu nun diploma e un cheque-regalo por valor de 20 euros para mercar nunha librería da localidade.
Ante un  entusiasta público (4º de ESO B e un grupo de alumnas de 2º de bacharelato) foron entregados os premios aos gañadores. 


Na categoría de bacharelato e ciclos o premio foi otorgado a Adrián Sixto, de 2º de bacharelato.
Los pensamientos de Orfeo, blog de Adrián Sixto
Na categoría de 3º e 4º da ESO o premio correspondeulle a Jorge Jérez, alumno de 3º de ESO.
Jorge e Adrián coa coordinadora da biblioteca

Aquí tedes os poemas gañadores. Noraboa aos dous!