martes, 23 de abril de 2019
Mercadillo solidario na Semana do Libro
Hoxe inauguramos o noso Mercadillo Solidario do libro de 2ª man coa colaboración de alumnos e alumnas de FPbásica de Comercio, que fixeron un bonito cartel, montaron o mercadillo e encargaranse de vender os libros. O primeiro día xa foi un éxito. Todos os cartos recaudados serán entregados a Asociación Cometa.
jueves, 4 de abril de 2019
Premio para unha alumna de 3º de ESO no VI Concurso de Esopías
A alumna Antía Calvo Díaz (3º ESO) resultou premiada no VI Concurso de Esopías que cada ano organiza a Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas.
Obtivo o premio na categoría de 2º ciclo da ESO e Bacharelato co relato Un máxico lugar.
Obtivo o premio na categoría de 2º ciclo da ESO e Bacharelato co relato Un máxico lugar.
Mar e Lara a miúdo percorren un máxico lugar que amosa fermosas fervenzas, árbores altísimas que un sol radiante pode apenas, na escura copa, dar luz, axudando así ós trasnos.
Ademais, o IES Terra de Trasancos estivo representado polos seguintes relatos:
Ada no paraíso de Sofía García Rodríguez (4 ªESO)
Terra enmeigada de Brais Otero Balsa (2º ESO)
O bisavó de Alejandro Fernández García (1º ESO)
Un día infinito de Lara Ríos Calvo (1º ESO)
PARABÉNS PARA A GAÑADORA. PARABÉNS PARA DEMAIS PARTICIPANTES!!
martes, 26 de marzo de 2019
jueves, 21 de marzo de 2019
Marcapáxinas para o Día da poesía
Marcapáxinas feitos por alumnos e alumnas de 1º de bacharelato coa profesora de galego, Patricia Fuciños. Repartíronse entre toda a comunidade educativa.
jueves, 7 de marzo de 2019
lunes, 28 de enero de 2019
Obradoiro de BACKGAMMON
O Departamento de Matemáticas está a ofrecer un Obradoiro de Backgammon, un dos xogos de mesa máis antigos que se coñecen. Para máis información podes pinchar AQUÍ.
As xuntanzas son os venres no segundo recreo na BIBLIOTECA. Os profes de mates Vicente e Patricia son os encargados de coordinar a actividade.
As xuntanzas son os venres no segundo recreo na BIBLIOTECA. Os profes de mates Vicente e Patricia son os encargados de coordinar a actividade.
jueves, 15 de noviembre de 2018
viernes, 2 de noviembre de 2018
Poemas terroríficos na biblioteca
Con motivo das celebracións do Samaín, na biblioteca organizamos unha xornada poético-terrorífica. Un grupo de alumnos e alumnas voluntarios de 4º de ESO leron poemas de terror para o alumnado de 1º de ESO. Entre os poemas proxectamos curtametraxes de terror realmente macabras e arrepiantes:
Ligeia
Eleonora
O coidador de gatos
POEMAS DE TERROR
miércoles, 24 de octubre de 2018
Día da Biblioteca
Hoxe, Día da Biblioteca, inauguramos o Calendario de Lectura. Todos os días lese durante 20 minutos na hora corresponde ao color da semana. Cómpre levar sempre un libro na mochila, aínda que os profesores poden optar por facer unha lectura en voz alta dun texto que invite logo á reflexión, dun conto, dun fragmento dunha novela, de poesía... Empezamos na Semana Azul, lendo a 4ª hora.
Iniciamos esta actividade lendo o pregón que Gonzalo Moure escribiu para esta ocasión. Podes descargalo AQUÍ.
No segundo recreo recolleron os seus premios os gañadores dos carteis do Día Europeos das Linguas:
Iniciamos esta actividade lendo o pregón que Gonzalo Moure escribiu para esta ocasión. Podes descargalo AQUÍ.
No segundo recreo recolleron os seus premios os gañadores dos carteis do Día Europeos das Linguas:
NORABOA AOS GAÑADORES!!!
miércoles, 17 de octubre de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






















