jueves, 23 de abril de 2020
OS LIBROS COBRAN VIDA. DÍA DO LIBRO 2020
Que grandes lectoras e lectores temos no IES Terra de transancos e que dotes de imaxinación e creatividade!
Grazas María Fernández polo magnifico traballo e Moitaa Grazas a todas e todos os participantes.
Que non decaiga o amor á lectura!
miércoles, 22 de abril de 2020
E ti, ¿que libro estás a ler?
![]() |
| Muller nova lendo. Mary Cassat |
Podedes enviar tantos cuestionarios como libros querades compartir e estará aberto indefinidamente. Periodicamente faremos recopilación e escolma dos libros propostos e recomendaremolos neste blog.
A enquisa pode ser anónima ou podedes utilizar pseudónimo. Non hai límite de edade e está aberta a todas as persoas que teñán relación co IES Terra de Trasancos: Persoal docente e non docente xa teña destino no mesmo este curso ou o tivera noutros, alumnado, membros da ANPA..
Cando volvamos a vernos este curso, que volveremos, haberá recoñecemento para as persoas máis devora libros.
Moitas grazas pola vosa participación.
viernes, 17 de abril de 2020
OS LIBROS COBRAN VIDA. DIA DO LIBRO 2020
Dende o Equipo da Biblioteca queremos propoñervos un pequeno RETO para
celebrar o vindeiro 23 de abril (xoves) no que celebramos o "Día do Libro".
Trátase dunha actividade na que podedes participar PROFES e PERSOAL NON DOCENTE , ALUMNADO e membros da ANPA.
O RETO resúmese en tres pasos:
1.- Buscar un libro da nosa casa.
2.- Camuflarnos coa portada (seremos "camaleónicos¡¡¡)
3.- Sacarnos unha foto co móvil (pode ser en horizontal ou vertical)
Esa foto a enviarase aos correos que adxunto a continuación antes do martes 21 de abril.: maria.fdez.brion@gmail.com ou bibliotrasancos@gmail.com
Con todas as fotos faremos unha montaxe e veremos o resultado final o Dia do Libro ( 23 de Abril).
Anímamosvos a participar...¡¡¡
Trátase dunha actividade na que podedes participar PROFES e PERSOAL NON DOCENTE , ALUMNADO e membros da ANPA.
O RETO resúmese en tres pasos:
1.- Buscar un libro da nosa casa.
2.- Camuflarnos coa portada (seremos "camaleónicos¡¡¡)
3.- Sacarnos unha foto co móvil (pode ser en horizontal ou vertical)
Esa foto a enviarase aos correos que adxunto a continuación antes do martes 21 de abril.: maria.fdez.brion@gmail.com ou bibliotrasancos@gmail.com
Con todas as fotos faremos unha montaxe e veremos o resultado final o Dia do Libro ( 23 de Abril).
Anímamosvos a participar...¡¡¡
domingo, 5 de abril de 2020
sábado, 7 de marzo de 2020
8M MOSTRA DE LIBROS
Para conmemorar o Día Internacional da muller, sacamos a todas as escritoras dos seus estantes e as mostramos, para visibilizarnos como creadoras.
Na mostra hai libros sobre feminismo, filósofas, biografías, grandes autoras clásicas, autoras modernas, de novela políciaca, de vivencias de aventuras de libros de viaxe, de literatura xuvenil, comics, fotógrafas e galegas. Porque nada nos é axeno.
Vos propoñemos un reto: poderiades nombrar as mulleres da mostra de libros que mereceron un premio Nobel?
MARZO: EFEMÉRIDES GALEGAS: MULLERES E HOMES QUE NOS REPRESENTAN
MARZO: EFEMÉRIDES
GALEGAS: MULLERES E HOMES QUE NOS REPRESENTAN (Galipedia)
|
|
2
marzo
|
1880: nace María Barbeito Cerviño, escritora,
socióloga e pedagoga galega
|
3
marzo
|
1973, nace Marta
Míguez, política e atleta galega na disciplina de xavelina.
|
4
marzo
|
1889: nace Francisco
Asorey , escultor galego
1945: Francisca Herrera Garrido é a primeira
muller en ser nomeada membro numerario da RAG
|
5
marzo
|
1888, nace Ramón Otero Pedrayo, escritor e intelectual
galego
1936, morre Antón Vilar Ponte, fundador das Irmandades da Fala
|
7
marzo
|
1805, nace Juana
de Vega, escritora galega
1908, morre Manuel Curros Enríquez , escritor galego
|
8
marzo
|
1917, morre na Coruña
Eduardo
Pondal, poeta galego
Hoxe é o Día Internacional da Muller,
orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora.
|
9
marzo
|
1695, nace en Vilafranca do Bierzo Frei Martín Sarmiento, considerado un dos pais da
lingüística galega. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002
1994, morre Fernando Rey,
actor galego nado na Coruña. (n. 1917)
|
10
marzo
|
1944, publícase en Buenos
Aires Sempre
en Galiza, libro de ensaio político escrito por Castelao,
considerado a obra canónica do nacionalismo galego.
Hoxe é o Día da Clase Obreira Galega, que conmemora
a morte de dous traballadores en Ferrol nun enfrontamento coa polícia
franquista no ano 1972
|
11
marzo
|
1993, morre Jesús Bal y Gay, compositor e musicólogo lucense
|
13
marzo
|
1869, nace na Coruña, Ramón Menéndez Pidal, filólogo e historiador
1918, revolta
veciñal contra os excesivos impostos na Feira do Trece (Narón), que
remata con seis mortos pola Garda
Civil e tropas de infantería e cabaleiría, ás ordes do tenente Pedro Alcaide.
|
18
marzo
|
1885,
nace Carlos Sobrino Buhigas, pintor galego (m.
1978).
1891, nace Roberto Blanco Torres, xornalista e
escritor galego (m. 1936
|
20
marzo
|
1897, morre Felicia
Auber, escritora galega
Hoxe é o Día mundial
da Narración Oral.
|
21
marzo
|
Hoxe
é o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial e o Día
Mundial da Poesía
|
22
marzo
|
1900, nace Ofelia
Nieto, soprano galega
1863, morre Nicomedes Pastor Díaz, político e escritor
galego (n. 1811)
|
24
marzo
|
1878, nace Gonzalo López Abente, escritor galego.
|
25
marzo
|
1990, morre Ricardo Carvalho Calero, filólogo e
escritor galego.
|
28
marzo
|
1939, o xeneral Francisco
Franco conquista Madrid. Catro días despois rematou a Guerra Civil Española.
1966, morre Ramón María Aller Ulloa, astrónomo galego
(n. 1878)
|
31
marzo
|
1901, nace Fermín Bouza-Brey, escritor galego.
|
lunes, 24 de febrero de 2020
Día de Rosalía
Para celebrar o aniversario do nacemento de Rosalía vos ofrecemos unha presentación dos seus libros "Cantares Gallegos" e "Follas Novas" cunha escolma de poemas. Na biblioteca tamén temos unha mostra dos sus libros e un artigo de Francisco Rodríguez publicado en Sermos Galiza de interes para coñecer a Rosalía gran descoñecida, pouco lida e mal interpretada.
sábado, 8 de febrero de 2020
FEBREIRO EFEMÉRIDES GALEGAS E GALEGOS QUE NOS REPRESENTAN
FEBREIRO: EFEMÉRIDES
GALEGAS: MULLERES E HOMES QUE NOS REPRESENTAN (Galipedia)
|
|
2 de Febreiro
|
1923, morre Manuel Murguía na súa casa de rúa de Santo
Agostiño da Coruña
(n. 1833).
|
3 de febreiro
|
1878, nace Ramón María Aller Ulloa, astrónomo
galego, no pazo de Filgueiroa (Donramiro, Lalín)
1949, nace Amancio
Prada, cantautor nado no Bierzo
|
4 de Febreiro
|
1893, morre en Vigo Concepción Arenal, intelectual galega
|
6 de Febreiro
|
1899, morre Ramón
Verea, inventor galego
1995, morre Maruxa
Mallo, pintora surrealista galega
|
9 de Febreiro
|
1908, morre Clara
Corral, poeta galega.
2007, falece Alexandre de Fisterra, inventor do futbolín.
|
14 de Febreiro
|
1898, nace Olimpia
Valencia, a primeira doutora galega
1914, nace en Barallobre
Bieito
Cupeiro (m. 1993),
mestre e escritor nacionalista galego emigrado á Arxentina.
|
16 de Febreiro
|
1919 - 4 labregas foron abatidas a tiros por axentes
da Garda Civil na parroquia de Sofán, cando participaban na comitiva para
soterrar un neno no cemiterio vello clausurado polas autoridades
2000 morre Suso
Vaamonde, compositor e músico galego, nado
na aldea de Regodobargo en Ponte
Caldelas en 1950.
|
18 de Febreiro
|
1972, falece Joaquín Freire de Andrade y
Valverde, membro da Real Academia Galega desde 1956.
|
19 de Febreiro
|
1914, nace Xosé María Díaz Castro, poeta da Terra Chá.
1992, morre Eduardo Barreiros, enxeñeiro e empresario
galego fundador da automobilística Barreiros (n. 1919).
|
20 de Febreiro
|
1982, nace Lucía
Aldao, poetisa e artista galega.
|
21 de Febreiro
|
Hoxe é o Día Internacional da Lingua
Materna.
|
24 de Febreiro
|
1837, nace Rosalía de Castro, escritora galega.
|
25 de Febreiro
|
1967, nace Silvia Bardelás, escritora galega.
|
26 de Febreiro
|
2010, morre Rafaela Hervada Carnerero, avogada e
directora de radio galega (n. 1917).
|
28 de Febreiro
|
1810, nace Nicolasa Añón, campesiña e poeta galega. (m. 1887)
1981, morre en Vigo Álvaro Cunqueiro, escritor galego (n. 1911).
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

