jueves, 15 de diciembre de 2016
viernes, 2 de diciembre de 2016
sábado, 19 de noviembre de 2016
jueves, 3 de noviembre de 2016
lunes, 31 de octubre de 2016
Imaxen e lectura para a noite das ánimas
![]() |
Do fotógrafo británico Bert Hardy |
Esta noite non é
unha noite calquera. Segundo a tradición celta, a noite do 31 de outubro comeza
a “estación sombría”, a noite na que lles é concedido aos mortos o desexo de camiñar
entre los vivos. Ábrense as portas de ámbolos dous mundos e os espíritos,
pérfidos ou benévolos, campan sen cadeas nin fronteiras por entre os vivos. Para
liberar as súas almas, escorrentar aos espíritos malvados ou indicarlles o
camiño de volta, dende tempos remotos, os nosos devanceiros disfrazábanse,
facían conxuros, celebraban magostos. É o
que coñecemos como Samaín ou Halloween.
Pero, esperade,...
nesta noite de defuntos, mentres escribo isto á luz dunha vela dentro dunha
cabaza aterrecedora, noto a presenza tenebrosa dun ser que non é deste mundo e
que me observa a fito queixándose de terme esquecido do seu aniversario. 150 anos
cumpridos o día 28.
JORNADA PRIMERA.
ESCENA PRIMERA
Un camino. A lo lejos,
el verde y oloroso cementerio de una aldea. Es de noche, y la luna naciente
brilla entre los cipreses. Don Juan Manuel Montenegro, que vuelve borracho de
la feria, cruza por el camino, jinete en un potro que se muestra inquieto y no
acostumbrado a la silla. El hidalgo, que se tambalea de borrén a borrén, le gobierna
sin cordura, y tan pronto le castiga con la espuela como le recoge las riendas.
Cuando el caballo se encabrita, luce una gran destreza y reniega como un condenado.
EL CABALLERO - ¡Maldecido animal!... ¡Tiene todos
los demonios en el cuerpo!... ¡Un rayo me parta y me confunda!
UNA VOZ - ¡No maldigas, pecador!
OTRA VOZ - ¡Tu alma es negra como un tizón del
Infierno, pecador!
OTRA VOZ- ¡Piensa
en la hora de la muerte, pecador!
OTRA VOZ- ¡Siete diablos hierven aceite en una gran caldera
para achicharrar tu cuerpo mortal, pecador!
EL
CABALLERO- ¿Quién me habla? ¿Sois voces del otro mundo? ¿Sois almas en pena, o
sois hijos de puta?
Retiembla un gran trueno
en el aire, y el potro se encabrita, con amenaza de desarzonar al jinete. Entre
los maizales brillan las luces de la Santa Compaña. El Caballero siente
erizarse los cabellos en su frente y disipados los vapores del mosto. Se oyen
gemidos de agonía y herrumbroso son de cadenas que arrastran en la noche oscura,
las ánimas en pena que vienen al mundo para cumplir penitencia. La blanca procesión
pasa como una niebla sobre los maizales.
UNA
VOZ - ¡Sigue con nosotros, pecador!
OTRA
VOZ- ¡Toma un cirio encendido, pecador!
OTRA
VOZ- ¡Alumbra el camino del camposanto,
pecador!
El Caballero siente el
escalofrío de la muerte, viendo en su mano oscilar la llama de un cirio. La
procesión de las ánimas le rodea, y un aire frío, aliento de sepultura, le arrastra
en el giro de los blancos fantasmas que marchan al son de cadenas, salmodian en
latín.
jueves, 27 de octubre de 2016
SAMAÍN 2016. Concurso de cabazas.
- Podedes participar
todos os alumnos e alumnas da ESO.
- Presentando unha cabaza tallada e/ou adornada con todo
tipo de materiais.
- A participación pode ser individual ou por parellas.
- Para participar deberedes inscribirvos en conserxería ata
o luns 24 de outubro .
- O venres , 4 de novembro, ás 8:30, deixaredes a vosa cabaza
no vestíbulo xunto cun sobre pechado onde irá o voso/s nome/s e grupo (os
membros das parellas poden ser de distintos cursos) .
- De 11:20 a 12:30 poderedes baixar á exposición de cabazas todos os grupos nos
que haxa algún/s participante/s.
- Antes de subir ás clases, o xurado (formado por tres membros
do Equipo de Normalización), dará a coñecer o gañador ou gañadores do concurso.
-Premio: será sorpresa e non se poderá entregar ese día,
pero será orixinal, divertido,
útil…..,en fin, algo á túa medida e que dará mooooito que falar!!! O premio será exposto e entregado tamén no
vestíbulo a semana seguinte ao concurso.
SE NON QUERES
PERDER A FESTA, INSCRÍBETE XA E PARTICIPA!!!
Colaboran: Equipo de Normalización Lingüística e
Vicedirección .
miércoles, 26 de octubre de 2016
Exposición de libros de terror na nosa biblioteca
![]() |
A imaxe do cartel é unha ilustración do artista Jack Mircala |
martes, 25 de octubre de 2016
24 de outubro, Día da Biblioteca. BOTAMOS A ANDAR
![]() |
Ilustración de Sofía Zapata |
Este blogue non empeza a súa andaina (ou camiño
que se vai facendo ao andar) un día
calquera. Este blogue comeza a súa
andaina ou periplo ou viaxe aos infernos (quen sabe!) un 24 de outubro. E dáse a casualidade de que o 24 de outubro conmemórase
o Día da Biblioteca, en lembranza da destrución da Biblioteca de Saraxevo,
incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns. Foron pasto das lapas máis de
dous millóns de volumes, incluídos
manuscritos e incunables de valor incalculable. Dita biblioteca non revestía interese estratéxico ou militar. Pero foi destruída porque era un símbolo da
cultura do pobo e unha vía para acceder ao coñecemento. Moitos cidadáns morreron intentando salvala.
Coa celebración deste
día pretendese concienciar da
importancia da lectura, especialmente entre a xente nova. As bibliotecas son
espazos públicos e gratuítos, espazos onde todos e todas son ben recibidos
porque os libros non entenden de prexuízos nin de barreiras. Amósannos o
coñecemento e o lecer, provócannos a risa, o medo, a inquedanza, o sosego, o
desexo de viaxar, de pensar, de mover o mundo. Ai, o libro! O libro racha as
cadeas do medo e da indiferenza, da covardía e do abatemento; fainos fortes e
independentes porque nos regala as verbas que removen as neuronas que fan
traballar ao pensamento, as verbas que
enchen de sentido a vida e a convivencia. Pode que moitos non teñan aínda atopado o
libro da súa vida, o roto para o descosido, pero ese libro, esa historia
especial, esas palabras que removen conciencias e corazón, ese libro, digo, agarda
agochado nalgún andel da biblioteca, da túa biblioteca, que é a de todos e
todas.
Para conmemorar o Día da Biblioteca diséñase un cartel que se difunde entre todas as bibliotecas do
Estado. Este ano a encargada de escribir o texto do cartel é Ledicia Costas,
gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2015 por Escarlatina, a cociñeira defunta e do Premio
Lazarillo 2015 por Jules Verne e a vida secreta das femmes plante e a ilustración é obra da ilustradora Elena Odriozola, galardoada co Premio Nacional de Ilustración
2015.
Pincha no cartel que tes arriba á dereita para ler o texto de Ledicia Costas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)