viernes, 10 de febrero de 2017

Ledicia Costas no IES Terra de Trasancos


A escritora galega Ledicia Costas estivo no noso centro o mércores 8 de febreriro para falar das Sinsombrero e de Maruja Mallo. Foi unha actividade que está dentro do Plan de  Fomento de la Lectura organizado polo MECD. Dentro do programa "Por qué leer a los clásicos" quixemos dar voz ás escritoras do Grupo  Poético do 27 á vez que dábamos a coñecer entre o alumnado a figura da artista vangardista galega á que se lle dedica este ano o Día das Artes Galegas. 



Ledicia Costas é autora de libros de literatura infantil e xuvenil de gran aceptación entre os rapaces e merecedores de premios como o Premio Merlín de Literatura e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015  ("Escarlatina, a cociñeira defunta") e o Premio Lazarillo de Literatura 2015 con "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta". Tamén é autora do poemario "Xardín de inverno".

Asistiron á charla (que resultou moi enriquecedora) os alumnos e alumnas de 3º de ESO (que están a ler unha novela da escritora "O corazón de Xúpiter"), o grupo de Plástica de 4º da ESO e os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato. 

Andrea Bustabad, alumna de 3º de ESO-A déixanos as súas impresións sobre a visita da escritora : 
"A conferencia, feita por Ledicia Costas, trataba sobre Ana María Gómez González, máis coñecida como Maruja Mallo. Naceu no ano 1902 e foi unha artista da xeración do 27. Estudou na “Real Academia de Bellas Artes”. Un dos cadros máis importantes é a “Sorpresa del Trigo”: Ledicia tamén nos puxo partes de documentais nos que saía Maruja Mallo falando ou nos que saían persoas falando dela. Por outra banda, falouse dunha exposición nun museo no que había uns cadros de Maruja e outros pintores. Mercáronse moitos deles, pero ningún da pintora, debido a que era pouco coñecida. Aínda que agora os seus cadros teñen moito valor.
 Aínda que Ledicia non viña falar dos seus libros, os alumnos de 3ºESO, aproveitamos a ocasión para facerlle unhas preguntas sobre “O corazón de Xúpiter”, un libro que tivemos que ler. A conferencia rematou cunha sinatura de libros."


No hay comentarios:

Publicar un comentario