O pasado mércores,
celebramos o 8 de marzo con dúas mulleres especiais, Lucía Aldao e María Lado,
compoñentes de Aldaolado que nos ofreceron un divertido espectáculo de poesía e
música en directo.
Cun estilo provocador, irónico, ameno e moi
dinámico lograron manter a atención constante
do público (alumnado de 4º e 1º Bach e profes) que disfrutamos da música
e preciosa voz de Lucía e dos poemas propios das dúas poetas.
Entre o alumnado de 1º Bach, hai que destacar
o traballo dun grupo de alumnas que, coma sempre, se implican a fondo en
calquera actividade proposta. Elas foron as que mellor visibilizaron o
compromiso coa MULLER neste día, organizando unha concentración no centro e
expoñendo os seus eslogans, pancartas...durante o recital.
O 21 de marzo (Día
Mundial da Poesía) poderemos ver no programa A revista, o recital que gravou a TVG
no centro e que contén unha entrevista que lle
fixeron a algunhas alumnas e alumnos.
Mentres, deixamos algunhas fotos deste día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario