BASES DO CERTAME
DE NARRACIÓN CURTA DO CONCELLO DE CURTIS
“O MEU PLAN PARA
CAMBIAR O MUNDO”
- 1.
Convócase o XII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis "O
MEU PLAN PARA CAMBIAR O MUNDO. Cóntanos … ti que farías?”.
- 2. Os
traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
- 3. Os
textos deberán ser orixinais, inéditos, e non premiados en ningún outro
certame.
- 4.
Deberán enviarse escritos en formato WORD e cunha extensión comprendida
entre os 3000 e os 5000 carácteres (espazos incluídos).
- 5.
Enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: relatoscurtis@gmail.com
Achegarase no arquivo de WORD unha última folla que
conteña unha copia do DNI, enderezo, teléfono de contacto, e a categoría á que
pertence.
- 6. A
data límite de entrega é o 20 de abril de 2017.
- 7.
Establécense dúas categorías:
A. Dos 12 ós 18
anos
B. Dos 19 anos
en diante
e dous premios en metálico para
cada categoría:
Categoría A: 1º premio de 200 euros
2º premio
de 100 euros
Categoría B: 1º premio de 350 euros
2º premio
de 150 euros
- 8. Os
traballos que non cumpran as presentes bases quedarán fóra de concurso.
- 9. O
xurado, que estará composto por membros de recoñecido prestixio dentro do
mundo da cultura, resérvase o dereito de outorgar un premio compartido en
calquera das categorías se así o considera.
- 10. Os
traballos premiados pasan a ser propiedade do Concello de Curtis, que se
reserva o dereito de publicación a través dos medios que considere
oportunos e sen afán de lucro.
- 11.
Convidarase ós/ás premiados/as ó acto de entrega que terá lugar no mes de
xuño, e no que se agarda a súa asistencia ou a dunha persoa autorizada.
- 12. A
presentación das obras supón a aceptación destas bases.
Para
calquera dúbida, escribir ó correo electrónico do certame: relatoscurtis@gmail.com
ou chamar ó 651046603.
No hay comentarios:
Publicar un comentario