jueves, 19 de abril de 2018

Preparándonos para abrir a porta (literalmente!) ao Día do Libro



Hai tempo que gardo esta imaxe no meu ordenador, aínda que descoñezo a súa procedencia. Está chea de verdade e invita á reflexión neste tempo de excesos e de redución das materias humanísticas nas aulas. A BIBLIOTECA  é un espazo de oportunidades para desenrolar a creatividade, o pensamento crítico, a sensibilidade social, o entretemento de calidade, ... Só hai que entrar en ela, pasear entre os seus estantes, coller un libro, deixalo, coller outro, deixalo tal vez,... porque elixir a quen ten que ir polo noso camiño tampouco é fácil pero hai que darlle unha oportunidade. Di o proverbio: “Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera”. Na nosa BIBLIOTECA hai un libro que te espera, si, a ti, agochado é paciente, só espera que o atopes. Cando iso suceda, seredes inseparables.
 O luns, Día do Libro, abrimos de novo. AGARDÁMOSTE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario