jueves, 6 de febrero de 2020

Dia Internacional tolerancia cero contra a ablación femenina

https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-mundial-tolerancia-cero-mutilacion-genital-fem

Celébrase: 6 de febreiro de 2020
Proclama: ONU
Desde cando se celebra: 2012

O 6 de febreiro celébrase o Día Internacional de Tolerancia Cero coa  Mutilación Xenital Feminina, unha práctica que se adoita executar en nenas nalgún momento das súas vidas entre a infancia e a adolescencia en determinados países.

Que é a  mutilación xenital feminina?

Englóbanse nestas prácticas todos os procedementos consistentes en alterar ou danar os órganos xenitais femininos por razóns que nada teñen que ver con decisións médicas.

 É unha violación dos dereitos humanos das mulleres e nenas. Viola os seus dereitos á saúde, a seguridade e a integridade física, o dereito a non ser sometidas a torturas e tratos crueis, inhumanos ou degradantes, e o dereito á vida nos casos en que o procedemento acaba producindo a morte.

A  mutilación xenital feminina é causa de hemorraxias graves e outros problemas de saúde tales como  quistes, infeccións e infertilidade, así como complicacións no parto e un maior risco de morte de recentemente nados.

Onde se practica?

Aínda que se concentra principalmente en 29 países de África e de Oriente Medio, a ablación é un problema universal e practícase nalgúns países de Asia e América Latina. Ademais, persiste tamén nas poboacións emigrantes que viven en Europa Occidental, en Norte América, Australia e Nova Zelandia.
 

Os datos son alarmantes 

Os datos son moi graves. A nivel mundial, calcúlase que hai polo menos 200 millóns de nenas e mulleres mutiladas. Na actualidade, cada ano mutílanselle os xenitais a tres millóns de nenas. E 44 millóns de nenas menores de 14 anos sufriron a ablación, principalmente en  Gambia (un 56%), Mauritania (54%) e Indonesia, onde ao redor da metade das nenas de 11 anos padeceron esta práctica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario