![]() |
| Samaín na biblioteca: «Un misterio en Trasancos» |
A biblioteca do IES Terra de Trasancos celebrou o Samaín cunha actividade moi especial: o concurso de lectura «Un misterio en Trasancos», no que o alumnado puxo a proba a súa atención, a súa capacidade de dedución e o seu gusto pola lectura.
Durante o concurso, os participantes mergulláronse nun ambiente cheo de misterio, acompañados dunha decoración terrorífica que transformou a biblioteca nun espazo perfecto para a ocasión.
A actividade rematou coa entrega de premios ao alumnado gañador, que recibiu o recoñecemento pola súa participación e os seus acertos.
Desde a biblioteca queremos agradecer a implicación de todos os participantes que nos permitiu celebrar o Samaín dunha maneira divertida e, ao mesmo tempo, fomentar o hábito lector.
Ler tamén pode ser unha aventura… mesmo cando hai un misterio en Trasancos!

No hay comentarios:
Publicar un comentario