Para celebrar o Día Europeo das Linguas o Equipo da Biblioteca propuxo dúas actividades moi interesantes. Xa temos unha morea de pàrticipantes. Aínda estades a tempo de facer a túa aportación. Haberá agasallos!!! Todas estarán expostas na biblio.
"Se a alguén, individuo ou pobo, o despoxan da súa lingua aniquilan a súa capacidade de recoñecerse no mundo e na historia. Xa sempre vagará como un ser adimensional. Todos os idiomas son igual de importantes, de grandes e, mesmo, de extensos, porque todos chegan aos confíns das persoas que os falan e os entenden, e os confíns da alma están alá onde o universo se curva e se fai infinito."
Palabras de Xabier P.Docampo (1946-2018). Descanse en paz.
VIAXE A
CELANOVA. Por Ángela Souto Rodríguez (3º ESO A)
O pasado día 22 de maio, os alumnos de 3º de
ESO fomos de excursión pola “Rota Currosiana”. Aínda que só fixemos unha parte
desta, chegounos para coñecer mellor aspectos da vida e obra de Curros, así
como o belísimo Mosteiro de San Salvador e algunhas das fermosas vilas e cheas
de historia que forman esta rota: Vilanova dos Infantes e a propia Celanova.
Ao chegar,
visitamos o Mosteiro de San Salvador, onde Celso Emilio Ferreiro pasou a súa
“longa noite de pedra”. É un imponente edificio da arte barroca galega. Dentro,
visitamos o coro co seus magníficos coro e
sillería e a onde acudían os monxes a cantar, como mínimo, dúas veces ao
día. Explicáronnos que antes, o órgano non era un acompañamento da música que
cantaban os monxes, senón que soían tocalo como acompañamento nas misas. Pese a
que é do século XVIII, este órgano pode considerarse mesmo moderno, pois o
vento xa é proporcionado por uns motores.
Na horta do mosteiro
atópase a pequenísima capela mozárabe de San Miguel ,de menos de 22m2 . Construída no séc. X, aínda hoxe permanece en
perfecto estado.
Do mosteiro
fomos á casa da infancia de Curros, coñecida agora como casa dos poetas en
homenaxe a tamén a outros poetas célebres da zona como Celso Emilio Ferreiro ou
Xosé Luís Méndez Ferrín. Alí aprendimos cousas moi interesantes como que
Curros, tras fuxir da súa casa con 15 anos e ir a Madrid, puido volver á súa
Galicia coa súa nova familia grazas ao 1º premio que gañou nun certame de
poesía en galego que se celebrou una capital. Poderíamos dicir que foi alí onde
comezou a súa carreira, pois tras voltar a Galicia escribiu o seu primeiro
poemario “Aires da miña terra”, no que denunciou os males da sociedade da época
cunha especial dureza dirixida aos máis poderosos, entre eles á Igrexa. Por
esta actitude combativa e comprometida foi prohibido inicialmente o seu
poemario e Curros foi detido e
excomulgado. Aínda así, Curros non se rendiu e publicou o seu segundo poemario
“O Divino Sainete”, onde dirixe críticas ao mesmo Papa de Roma
Tamén
soubemos que Celso Emilio Ferreiro nacera unas casas máis abaixo na mesma rúa,
pero que nunca mantiveran relación persoal.
Xa pola
tarde, fomos a Vilanova dos Infantes, un pobo cun pasado que se remonta ao
século XV e que viviu os enfrontamentos das revoltas irmandiñas no seu Castelo,
do que hoxe só se conserva a torre da homenaxe e uns restos da muralla sobre a que algúns veciños acabaron construíndo
as súas propias casas, moitas delas aínda hoxe habitadas. Ademais de polos seus
bos zapateiros, esta vila tamén foi importante pola “Virxe do Cristal”, na que
Curros se inspirou para facer una dos seus poemas. Na torre puidemos ver unha reproducción da talla da
famos Virxe que, despois de roubada e asasinado o crego que a custodiaba, aínda
segue desaparecida.
Sen dúbida,
foi unha actividade na que á vez que nos divertimos, descubrimos novas cousas e
aprendimos sen necesidade de ter o libro de Galego, Música ou Sociais diante.
Recoméndoa a todo o mundo.
VIAXE A CELANOVA.Por Brais Díaz Legide (3º ESO B)
O martes 22
de maio, fixemos unha viaxe moi interesante a Celanova. Tras case tres horas de
viaxe, dábanos a benvida á vila a estatua do escritor Curros Enríquez, que
dirixía unha mirada desafiante cara ao mosteiro de San Salvador de dimensións
espectaculares e que visitamos a continuación.
Cando
entramos no mosteiro, tamén coñecido como de San Rosendo polo seu fundador,
dirixímonos á capela de San Miguel, que o propio San Rosendo mandou construíe
na horta do mosteiro en honor ao seu irmán Froila. A capela é unha pequeñísima
construcción mozárabe destinada ao culto
individual.
Despois
entramos no mosteiro e subimos ao coro, onde nos agardaba un gran órgano de máis de mil tubos e do que aprendimos a orixe
, a súa contrución, materiais, elementos,
evolución e o tamaño e peso que chegou a alcanzar este instrumento.
Cando
rematamos, dirixímonos á Casa dos Poetas, a que se pode considerar a casa de
Curros Enríquez ata que decidiu marchar por culpa do tratamento autoritario do
seu pai. Alí fixemos unha viaxe pola súa vida, relacións familiares, viaxes,
estudos, traballo, carácter e un montón de curiosidades acerca desta
interesante figura do Rexurdimento galego.
Xa despois de
xantar, dirixímonos cara á vila medieval de Vilanova dos Infantes, que ten un
encanto especial e moita historia. Alí entramos nunha pequeña casa pola que se
accede á Cova de San Vivián, da que se teñen dado moitas explicacións ademais
de adega para o viño (por exemplo, que serviu de refuxio para as comunidades
xudías na zona). Para rematar a visita a Vilanova, subimos á Torre da Homenaxe,
na que nos esperaban unas vistas moi bonitas non aptas para xente con vertixe.
Por último,
dicir que foi unha excursión moi entretida e unha forma de aprender moito máis
divertida.
Con motivo do Día do Libro, desde a Biblioteca organizamos a Semana do Libro (do 23 ao 27 de abril). Libros interesantes de diversas materias (ciencias, matemáticas, música, arte) saíron dos departamentos e dos estantes da biblioteca y estiveron expostos no vestíbulo a carón da porta da biblioteca.
Esta semana estamos a repartir marcapáxinas con imaxes tomadas de Pixabay e citas sobre a importancia do libro de dous grandes das letras: o filósofo Emilio Lledó e o escritor norteamericanoWilliam Faulkner. Polo reverso tedes un calendario do ano actual. Esperemos que vos gusten.
Hai tempo que gardo esta imaxe no meu
ordenador, aínda que descoñezo a súa procedencia. Está chea de verdade e invita
á reflexión neste tempo de excesos e de redución das materias humanísticas nas
aulas. A BIBLIOTECA é un espazo de
oportunidades para desenrolar a creatividade, o pensamento crítico, a
sensibilidade social, o entretemento de calidade, ... Só hai que entrar en ela,
pasear entre os seus estantes, coller un libro, deixalo, coller outro, deixalo
tal vez,... porque elixir a quen ten que ir polo noso camiño tampouco é fácil
pero hai que darlle unha oportunidade. Di o proverbio: “Un libro aberto é un cerebro
que fala; pechado, un amigo que espera”. Na nosa BIBLIOTECA hai un libro que te
espera, si, a ti, agochado é paciente, só espera que o atopes. Cando iso
suceda, seredes inseparables.
O luns,
Día do Libro, abrimos de novo. AGARDÁMOSTE.