miércoles, 22 de enero de 2020

Ante o veto parental

Os nenos e nenas non son adultos en miniatura son persoas en fase de desenvolvemento aos que hai que coidar e educar en liberdade, en igualdade de dereitos e oportunidades. 

O Estado, por medio das institucións educativas, ten que garantizar a educación en valores democráticos e de igualdade, respecto e tolerancia e así nos encarga ao profesorado que desenvolvamos os curriculos establecidos nas leis de educación basados neses principios. 

Todas as actividades programadas no centro desenvolven esos principios e estan recollidas no Proxecto Educativo do Centro e avaladas polo Consello Escolar do que forman parte os pais e nais por medio de representantes do ANPA.

Permitir un veto parental á educación abre a porta a censura,  ideolóxica , a liberdade de pensamento, a educación para o pensamento crítico. Vai en contra dos dereitos do neno e da nena.

Os nenos e nenas non son propiedade dos seus proxenitores como non é propiedade de ninguén ningunha persoa, deben ser protexidos polas institucións e especialmente polo sistema educativo incluso, e lamentablemente nalgún caso, protexidos do seu ambiente familiar cando este é intolerante contra as súas eleccións íntimas e de desenvolvemento persoal. 

A educación en igualdade, en liberdade de elexir a orientación sexual e de xénero e protección ante os abusos e a violencia é un dereito das persoas, dos nenos e nenas, non unha elección dos seus proxenitores ou titores. 

As bibliotecas escolares dentro dos seu proxectos abranguen os obxectivos dunha educación integral sempre respectando a diversidade dos nenos e nenas e das súas familias nos ámbitos culturais, ideolóxicos e relixiosos. Posibilitan a igualdade de oportunidades, o dereito a educación en liberdade e valores, a elección do camiño persoal dos nenos e nenas usuarias por medio das lecturas e actividades que as fomentan.  

A biblioteca é un espazo educativo e de inclusión donde todos os nenos e nenas son benvidos e respectados independentemente da súa diversidade en capacidades e eleccións persoais, e os recursos cos que conta favorecen o seu desenvovemento persoal e a igualdade de oportunidades. 

So faltaría que viñeran a censurar os libros!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario