miércoles, 15 de enero de 2020

DIARIO DE ANA FRANK

Un testemuño único sobre o horror e a barbarie nazi, e sobre os sentimentos e experiencias que viviu unha nena xudía recluída coa súa familia para fuxir do Holocausto. Tras a invasión de Holanda, os Frank, comerciantes xudeus alemáns emigrados a  Amsterdam en 1933, ocultáronse da  Gestapo nunha bufarda anexa ao edificio onde o pai de Anne tiña as súas oficinas. Eran oito persoas e permaneceron recluídas desde xuño do 1942 ata agosto de 1944, data en que foron detidas e enviadas a campos de concentración. Nese lugar e nas máis precarias condicións, Anne, naquel momento unha nena de trece anos, escribiu o seu estremecedor Diario: un testemuño único no seu xénero sobre o horror e a barbarie nazi, e sobre os sentimentos e experiencias da propia Anne e os seus acompañantes. Anne morreu no campo de Bergen- Belsen en marzo de 1945. O seu Diario nunca morrerá.

«De entre os moitos que, ao longo da historia, falaron en nome da dignidade humana en tempos de sufrimento e morte, non hai ningunha voz que teña máis peso que a de Anne Frank.»  John  F. Kennedy

No hay comentarios:

Publicar un comentario