Un testemuño único sobre o horror e a barbarie nazi, e sobre os sentimentos e experiencias que viviu unha nena xudía recluída coa súa familia para fuxir do Holocausto. Tras a invasión de Holanda, os Frank, comerciantes xudeus alemáns emigrados a Amsterdam en 1933, ocultáronse da Gestapo nunha bufarda anexa ao edificio onde o pai de Anne tiña as súas oficinas. Eran oito persoas e permaneceron recluídas desde xuño do 1942 ata agosto de 1944, data en que foron detidas e enviadas a campos de concentración. Nese lugar e nas máis precarias condicións, Anne, naquel momento unha nena de trece anos, escribiu o seu estremecedor Diario: un testemuño único no seu xénero sobre o horror e a barbarie nazi, e sobre os sentimentos e experiencias da propia Anne e os seus acompañantes. Anne morreu no campo de Bergen- Belsen en marzo de 1945. O seu Diario nunca morrerá.
«De entre os moitos que, ao longo da historia, falaron en nome da dignidade humana en tempos de sufrimento e morte, non hai ningunha voz que teña máis peso que a de Anne Frank.» John F. Kennedy
Mostrando entradas con la etiqueta día escolar da paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día escolar da paz. Mostrar todas las entradas
miércoles, 15 de enero de 2020
sábado, 11 de enero de 2020
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA
Para commemorar o día escolar da paz e a non violencia, para concienciar en contra de todas as violencias en especial en contra da deshumanización da guerra, dende a Biblioteca vos propoñemos unha actividade de lectura compartida e continua o vindeiro 30 de xaneiro (xoves) dende as 9:00 ata as 14:00 no espazo da biblioteca.
Necesitamos persoas voluntarias para ler "O diario de Ana Frank"(previsiblemente) en voz alta e de forma contÍnua. Profesorado, alumnado, persoal non docente e membros da ANPA quedades convocados para ler en voz alta durante 10 minutos o texto e/ou asistir como ouvintes a lectura.
Apuntadevos na biblioteca ate o día 23 (xoves) para posibilitar a organización dos tempos de lectura.
Guerra NUNCA MÁIS!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)